PRESENT
ACIÓN NOVO ACORDO
Hoxe ás 18:00, se a autoridade o permite e o tempo (e a tecnoloxía) non o impide, terá lugar a presentación dun novo acordo de colaboración. Un acordo no cal os que máis van gañar van a ser as nosas grandes estrelas, a CANTEIRA.
Permanecede atent@s ás nosas RRSS, se as condicións o permiten todo o acto de presentación será retransmitido en directo por Instagram Live. Se non o podedes ver en directo poderedes velo despois, xa que durante 24 horas quedará colgado nas nosas Historias de Instagram.
ARENAL EMEVÉ, MEDRANDO XUNT@S!!
Aquivos por Categoría: Xuvenil Feminino
Partidos Finde 15-16 Febreiro
El Progreso e Arenal Emevé: Campioas Copa España Infantil N2 e Marta Otero
No último
día do ano non podiamos faltar entre as noticias do diario El Progreso de Lugo.
Nesta ocasión fanse eco da fichaxe de Marta Otero e da proeza das nosas Infantís na Copa de España de Voleibol.
De todos os xeitos non deixedes de estar atent@s ás nosas RRSS, nunca se sabe en que momento saltará unha nova noticia.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!
Marta Otero súmase ao proxecto Arenal Emevé.
MARTA OTERO ÚNESE Ó ARENAL EMEVÉ
Nova incorporación á familia Arenal Emevé, nesta ocasión é MARTA OTERO a que liga o seu futuro ao do noso club.
Dúas veces ca
mpioa galega (2018 e 2019) cos seus dous campionatos de españa correspondentes e partícipe en tres CESA coa selección galega. Leva no programa da federación española desde 2017 con dúas WEVZA en 2019 e 2018, dous anos na Concentración Permanente da Selección Española (tempadas 18/19 e 19/20).
Internacional sub-18 e sub-19.
A súa ampla carreira como deportista é inversamente proporcional á súa curta idade.
Sen dúbida unha fichaxe de altura cunha grandísima proxección.
MARTA, BENVIDA Á FAMILIA !!
Carolina Camino e Anier Mariño: agasallos para Arenal Emevé.
Este ano Papá Noel 🎅 deixounos os nosos agasallos cun día de antelación.
Que mellor agasallo que a incorporación de Carolina Camino e Anier Mariño. Ambos chegarán de Ribeira Sacra e do CV Korbis, respectivament
e, tras pasar pola Permanente da Selección Española.
Dúas incorporacións de luxo para seguir medrando e completando os nosos planteis.
Aquí podedes ver o vídeo da presentación, que tivo lugar hoxe no local de Perfumerías Arenal do C.C. As Termas.
Como veredes os nervios estaban a flor de pel xa que todas as partes sabían da transcendencia deste momento, agora xa máis relaxad@s só podemos dicirvos:
BENVENID@S Á FAMILIA ARENAL EMEVÉ!!

