FASES FINAIS ZONAIS E CAMPIONATOS GALEGOS NAS CATEGORÍAS INFANTIL ZONAL, ALEVÍN E BENXAMÍN

BON PAPEL NOS FASES FINAIS DAS FINAIS ZONAIS
Fuente: Web FGVB

Coa celebración o pasado domingo 18 de maio da derradeira Fase Final Zonal para as categorías infantís, alevíns e benxamíns zonais, quedaron confirmados os campións e participantes nas vindeiras fases autonómicas das contempradas categorías.

O Campionato Galego B para os apartados infantís celebraranse o vindeiro sábado 24, en Noia para o apartado feminino e en Carballo para o masculino. As finais autonómicas das categorías alevíns terán lugar o vindeiro domingo 1 de xuño na Casa do Deporte de Lugo.

No torneo de Lugo (Grupo C), os distintos equipos do Emevé repartíronse os premios. O Emevé Élide IF2 gañou o infantil feminino, o Emevé Élide AM1 o alevín mixto, e o AF1 o alevín feminino, mentres que o benxamín foi para o Emevé Élide BM1.

Desta forma quedan conformados os participantes tanto dos Campionatos Galegos B das categorías infantís que se celebrarán o sábado 24 de maio en Carballo (masculina) e Noia (feminina), como das finais autonómicas alevíns mixtas e femininas que terán lugar en Lugo o vindeiro domingo día 1 de xuño. Pinchando nos enlaces podedes consultar tanto os participantes como os cruces das diferentes competicións.
Especialmente emocionante será a competición infantil feminina, na que os dous primeiros clasificados terán oportunidade de disputar a promoción ante os colistas da liga galega, e optarán así a unha praza na principal categoría autonómica para a vindeira campaña.

Campionato Galego B Infantil Feminino

Campionato Galego B Infantil Masculino-Mixto

Campionato Galego Alevín Mixto

Campionato Galego Alevín Feminino

Los comentarios están cerrados.