
A colocadora madrileña, con máis dunha década na elite, únese ao Arenal Emevé tras pasar por algúns dos clubs máis potentes da Liga Iberdrola e de Europa: CV Hidramar Gran Canaria, Kiele, Menorca, Haro ou GH Leadernet, entre outros.
Barrasa chega a Lugo despois de disputar a Champions League e a CEV Cup, sumar case 200 partidos oficiais e levantar títulos como a Supercopa de España. Unha incorporación de nivel para guiar ao noso equipo dende a pista. 
Benvida, María! 
