Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

24/10/2014

PREVIA SFV

Filed under: Novas — Etiquetas: — admin @ 17:58

O EMEVE DESPRÁZASE A BURGOS PARA DISPUTAR UN DURO ENCONTRO ANTE UN DOS EQUIPOS MÁIS FORTES DA LIGA

O próximo sábado, 25 de outubro, ás 19 horas disputarase en Pavillón de Bagas da localidade burgalesa de Miranda de Ebro o partido entre o Atlantic Holding mirandés e o Emevé de Lugo. Este encontro corresponde á terceira xornada da Superliga Feminina de Voleibol (SFV).

O equipo Emeve desprázase este fin de semana a terras castelás para enfrontarse a un equipo de xogadoras veteranas e con moita experiencia en Superliga I, como demostra a presenza da receptora e libero da selección nacional, non hai moito tempo, Diana Sánchez, que ademais leva as rendas do equipo nos momentos máis difíciles. As lucenses tamén se van encontrar coa súa excompañeira, a colocadora, Carmen Morales, que decidiu cambiar a un equipo de máis peso e con opcións aos play off de título e copa da Raíña.

Para o adestrador lucense, José Valle, este encontro é dos máis difíciles da tempada, » pero esta semana as xogadoras estiveron a traballar con moitas ganas», ademais poderá contar con toda o equipo para desprazarse a Miranda e «esperamos facer un mellor papel que en Menorca, onde non tivemos ningunha opción de disputar o partido,».

No hay comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies