Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

13/11/2014

PREVIOS SVM Y SLF

Filed under: Novas — Etiquetas: , , , — admin @ 22:19

O EQUIPO LUCENSE EMEVE RECIBE AO FAVORITO

Este sábado, 15 de novembro, ás seis da tarde terá lugar o encontro entre o C.V. Emeve e o CAI Teruel, correspondente á sexta xornada da Superliga Masculina, que se celebrará no Pavillón Municipal de Lugo, tras a presentación oficial dos equipos do C.V.Emeve.SLM-WEB
Nesta ocasión os lucenses enfrontaranse ao, de momento, terceiro clasificado da táboa, pero que se perfila como o equipo favorito para gañar a Copa e a liga. Os xogadores do Emeve intentarán facer un bo xogo e que a xente goce co partido. A tempada pasada os partidos disputados contra o conxunto de Teruel foron disputados, tanto na ida coma na volta, e este ano intentarán facer o mesmo.

O CAI Teruel ten gran facilidade en todas as accións do xogo e a única forma de competir contra el, segundo indica o adestrador dos lucenses, Diego Campelo, «é apertar no saque, estar ben en bloqueo e a partir de aí intentar defender bólas».
Este partido tamén se poderá ver en streaming a través da páxina da federación española: http://directos.rfevb.com/

[hr]

O EMEVE BUSCA OS SEUS PRIMEIROS PUNTOS NO ENCONTRO DESTE SÁBADO

Este sábado ás 20 horas xógase no Pavillón Municipal de Lugo o encontro entre o C.V. Emeve e o Haro Rioja Voley, correspondente á sexta xornada da Superliga Feminina. Para as lucenses este partido preséntase como unha oportunidade para estrear a cuadrícula tanto en sets coma en posible obtención de puntos.SLF-WEB
O equipo de La Rioja non coñeceu a vitoria ata o pasado fin de semana e estreáronse, nada menos, contra Avarca Menorca, gañándoo por un relativamente cómodo 3-1. O conxunto de Haroreestruturouse practicamente este ano, aínda que non por iso deixa de ser un equipo importante, as xogadoras que foi incorporando teñen calidade, pero faltaralles adaptarse. Cabe recordar que este equipo, non hai moito, conseguía alzarse con todos os títulos en xogo na máxima categoría nacional, pero todas as xogadoras que compoñían esa escuadra foron emigrando a outros equipos da máxima categoría nacional, entre elas a nosa veterana Pepo Garrido.

O equipo local espera dar un pasito máis na súa traxectoria desta tempada e disputar un partido no que conseguir ese primeiro set que parece resistirse ás lucenses. Para o adestrador do Emeve,José Valle, lograr ese set será unha motivación para as mozas xogadores lucenses, estivemos moi preto de gañar un set en tres dos catro partidos xogados e, aínda que en si non representa moito, talvez para as xogadoras sexa a oportunidade de quitar esa lousa e soltarse un pouco máis á hora de xogar».
Para este partido son dubidosas a Kaithlyn Skinner, que no adestramento do pasado sábado a ao mañá sufriu unha escordadura nun dos seus cóbados e Pepo Garrido por motivos laborais, aínda que o resto das xogadoras poñerán todo o seu empeño en suplilas coas mellores garantías posibles.

No hay comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies