Voleibol en la TVGa- SFV. Emevé-UCAM Murcia.

IMG-20141120-WA0010

Retransmitido por la TVGa. Ven a vernos

O EMEVE  espera rabuñar algún punto este sábado fronte á Murcia

O equipo do C.V. Emeve feminino participante na Superliga, xoga este sábado, 29 de novembro, contra o U.C.A.M. Voleibol Murcia en partido correspondente á oitava xornada da liga. O encontro terá lugar ás 18 horas no Pavillón Municipal de Lugo e será retransmitido en directo pola Televisión de Galicia.

Para o equipo lucense o partido deste fin de semana preséntase como unha oportunidade para seguir crecendo como equipo e engadir algún punto máis á clasificación. O encontro preséntase disputado ante o equipo revelación da tempada. O C.V. Emeve vén de encaixar unha derrota en Alcobendas, malia que as expectativas eran máis positivas para as de Lugo, pero desenvolveron un xogo peor do esperado e tan só lograron un punto ao conseguir gañar o último set.

Para o encontro deste sábado o C.V. Emeve espera que as xogadoras Kaithlyn e Alicia se encontren totalmente recuperadas das súas molestias e que Pepo Garrido tamén poida participar, aínda que por cuestións laborais será dúbida ata o último momento.

O equipo de Murcia reforzouse moi ben esta tempada, capitaneado pola grande Ana Ibis, que ten no seu habar, nada menos, que catro medallas olímpicas (tres de ora unha de bronce) e dúas medallas de ouro de campionatos do mundo. As novas xogadoras que ficharon esta tempada polo equipo murciano, encontraron nela a guía necesaria para xogar de ti a ti ante calquera dos equipos desta liga. De todos os xeitos, como equipo novo ten altibaixo no seu rendemento ao longo dos partidos disputados, reflectido nos seus numerosos resultados finais por 3 sets a 2, pero non por iso deixa de ser un dos equipos máis competitivos.

O adestrador lucense, Jose Valle, espera aproveitar esta situación e forzar, polo menos, un set de desempate.

Los comentarios están cerrados.