Categoría | Novas, Volei Praia

VOLEY PLAYA 2014

COMIENZA LA NUEVA TEMPORADA DE VOLEY PLAYA

Pincha en la pestaña de Voley Playa de este Blog e informate.

Fuente: Web FGVB

Os amantes do voleipraia están de noraboa, porque dende hoxe poden coñecerse as datas e sedes da gran maioría de torneos oficiais que se xogarán este verán nos areais galegos. Na web da FGVB pode descargarse xa o calendario para este ano, cos diferentes acontecementos importantes, como campionatos ou probas nacionais e das que conforman o Circuito Galego tanto na categoría Senior (con oito probas confirmadas) como para as de base (con sete torneos).

O Circuito Galego de Voleipraia arrinca este verán o 21 de xuño en Vigo, coa primeira proba que se celebra ese fin de semana para as categorías senior e de base Sub 15 e Sub 17 tanto no apartado masculino como feminino.

A segunda proba para as Categorías Inferiores chegará unha semana máis tarde en Boiro (28-29 xuño) onde competirán todos os rangos de idade, dende a sub 15 ata sub 21. Nas mesmas datas, ademáis, está prevista tamén unha nova proba senior en Ourense.

Xa no mes de xullo, os días 5 e 6, terá lugar en Lugo a terceira proba senior da tempada e unha semana despois (12-13) celebraráse a cuarta en Vilagarcía, onde ademáis xogarán as categorías sub 19 e sub 21.

De Vilagarcía o Circuito desprázase a Marín, onde se celebrarán a quinta proba senior e a cuarta de categorías inferiores (para sub 15 e sub 17) do 19 ao 20 de xullo.

O fin de semana seguinte, do 25 ao 27 de xullo, será un dos máis especiais do verán para a nosa Comunidade, xa que Dumbría será o epicentro do voleipraia nacional para categorías de base, coa celebración do Campionato de España sub 17 por clubes. Á praia do Ézaro acodirán as grandes promesas desta disciplina para pelexar polo título de campión nacional. Ademáis, ese será un fin de semana moi completo, xa que nas mesmas datas se celebrará en Tomiño a sexta proba senior e a quinta para as bases, nas categorías sub 19 e sub 21.

Pouco despois Galicia volverá a ser protagonista a nivel nacional, coa celebración doutra gran proba nacional en Boiro: o Campionato de España sub 15 que se disputará na localidade barbancesa do 1 ao 3 de agosto, abrindo a derradeira etapa do verán 2014, nun emocionante fin de semana no que ademáis se xogará a final do Campionato Galego Senior en Dumbría.

A Costa da Morte repetirá pouco despois como sede galega coa sexta proba de categorías inferiores, dende sub 15 a sub 21 o 9 e 10 de agosto, e pouco despois o Circuito Galego de Voleipraia chegará a seu fin en Redondela, onde se clausurará a tempada de verán cos torneos senior, sub 15 e sub 17.

Estas datas complétanse coas probas nacionais do Beach Volley Tour 2014 (en Ibiza, Madrid, Laredo, Salou e Fuengirola) e as das competicións de tecnificación ás que un ano máis Galicia acodirá coas Seleccións de Voleipraia Sub 17, sub 19 e sub 21.

O primeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas en celebrarse será o sub 17, en Los Alcázares (Murcia) do 27 ao 29 deste mesmo mes de xuño, mentres que os combinados sub 19 e sub 21 xogarán en Las Palmas do 17 ao 20 de xullo.

Así queda conformado o calendario de voleipraia para o verán 2014, sen perxuizo de que por diferentes motivos poidan facerse algunhas modificacións das que, en todo caso, de sucederse, informaremos de forma inmediata.

Para cualquier duda  contacta en la siguiente dirección de correo electrónico: coordinador@cvemeve.com

Compartir en redes sociales

Comments are closed.

Categorías

Archivos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies