Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

30/11/2014

Emevé Infantil Masculino, líderes.

Filed under: Ligas Galegas,Novas — admin @ 19:19
Infantil Masculino

Equipo Infantil Masculino

O equipo infantil Masculino que dirixen Boris Rodríguez e Pablo Parga, ambos os dous xogadores do equipo de Superliga, é o novo líder da clasificación autonómica ao vencer por 3-2 ao equipo de Oleiros.
Os xogadores de Lugo estiveron máis entoados que os coruñeses nos últimos lances do partido. Tras perder 22-25 e 22-25, os rapaces de Emevé sacaron forzas de fraqueza e arrepor gañando os tres sets seguintes 27-25, 25-20 e 15-8.

Parabén a Iago Folgueira, Asier Fernández, Juanma Villa, Diego Negro, Pablo Villar e o recén incorporado Iago Rodríguez. Tamén xogaron Héctor Neira, Suso Díaz, Raúl Villar e Mario Alonso.

NOVAS DATAS PARA AS XORNADAS ABERTAS DE TECNIFICACIÓN

Filed under: Cadetes,Infantís,Ligas Galegas,Novas — admin @ 19:07

A FEDERACIÓN GALEGA CONVOCA NOVAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN

Fonte: Web da Fgvb

Dentro do plan de tecnificación para a tempada 14-15, a FGVB vén convocando nos últimos meses unha serie deXornadas de Adestramento para as categorías infantil e cadete (masculino e feminino). Estas xornadas son abertas a todos os que se queiran inscribir, e teñen un custo de 20 euros por participante (con comida incluída).

10446266_772832086099427_1290267215875983576_o

Web FGVB

Tras o éxito das concentracións organizadas durante os meses de outubro e novembro, no mes de decembro a FGVB convoca novas datas de celebración.

Como en ocasións anteriores, estas xornadas consistirán en adestramentos de mañá e tarde baixo a dirección dos seleccionadores galegos e os seus adestradores axudantes. Tras as sesións previstas para decembro e xaneiro, estas xornadas darán paso posteriormente, cos xogadores/as que resulten seleccionados, ás concentracións de entroido e semana santa previas aos Campionatos de España de Seleccións.

As inscricións faranse por correo eletrónico, dirixido á Fgvb e ao Director Técnico (correo@fgvb.es e dtecnico@fgvb.es),debendo incluír nome e apelidos, club de pertenza, data de nacemento e teléfono de contacto, achegando ademaiscopia da transferencia de ingreso dos 20 euros de cota no nº de conta da Fgvb: ES71 0081 0499 6400 0137 8440

O prazo límite de inscrición para cada xornada finaliza ás 18:00 horas do mércores anterior á súa celebración.

Datas confirmadas:

7 Decembro: en Noia, Infantil feminino (Para xogadoras de Pontevedra e Ourense)

7 Decembro: en Noia, Cadete feminino

7 Decembro: en A Coruña, Cadete masculino

8 Decembro: en Noia Infantil feminino ( Para xogadoras de A Coruña e Lugo)

8 Decembro: Boiro/Noia: Infantil masculino

O EMEVÉ NA PRENSA

Filed under: Novas — Etiquetas: , , , — admin @ 19:03

CRÓNICA DO DIARIO O PROGRESO DE LUGO

Fonte: Web O Progreso

Unha derrota cruel

810294

Web O Progreso

30/11/2014 – O Progreso (Lugo)
O Emevé feminino quedou co mel nos labios ante o Ucam Murcia, que lle superou por un apertado 2-3 na oitava xornada da Superliga feminina de voleibol. Con 13-13 no marcador, no quinto e definitivo set, un remate de Pepona Garrido botou sobre a liña, pero os árbitros consideraron que o balón marchou fóra. Con 13-14, as murcianas bloquearon un remate local e sentenciaron o partido ao seu favor.

29/11/2014

Infantiles IF2 Liga Zonal

Filed under: Liga Zonal (Poli),Novas — admin @ 17:06

XUGADORAS CON FUTURO

Onte pola tarde, o equipo Infantil IF2 desprazouse a Monforte para xogar contra Escolapios. O partido foi moi emocionante e as xogadores de ambos os dous equipos lucharon por conseguir a vitoria do encontro.IF2

Escolapios: Amaro, Cereijo, Quiroga, MArínez, Pérez (capitá), Pugna.

Emevé: Marta Parga (capitá), Alicia Ferreiro, Ana Treitas, Inés Rodríguez, Mariña Vilaboa e Carlota Sánchez, También xogaron:Sara Rivas e María Zas.

Parciais: 25-18; 17-25; 27-25; 18-25; 10-15.

O equipo do Emevé IF2 segue no seu refacho de non perder ningún partido desta liga zonal de Lugo. Ánimo a estas xogadoras de futuro que onte nos «marabillaron» co seu xogo e o seu espírito loitador. Parabén, tamén ás mozas monfortinas que pelexaron ata o final.

27/11/2014

Voleibol en la TVGa- SFV. Emevé-UCAM Murcia.

Filed under: Novas — admin @ 23:04
IMG-20141120-WA0010

Retransmitido por la TVGa. Ven a vernos

O EMEVE  espera rabuñar algún punto este sábado fronte á Murcia

O equipo do C.V. Emeve feminino participante na Superliga, xoga este sábado, 29 de novembro, contra o U.C.A.M. Voleibol Murcia en partido correspondente á oitava xornada da liga. O encontro terá lugar ás 18 horas no Pavillón Municipal de Lugo e será retransmitido en directo pola Televisión de Galicia.

Para o equipo lucense o partido deste fin de semana preséntase como unha oportunidade para seguir crecendo como equipo e engadir algún punto máis á clasificación. O encontro preséntase disputado ante o equipo revelación da tempada. O C.V. Emeve vén de encaixar unha derrota en Alcobendas, malia que as expectativas eran máis positivas para as de Lugo, pero desenvolveron un xogo peor do esperado e tan só lograron un punto ao conseguir gañar o último set.

Para o encontro deste sábado o C.V. Emeve espera que as xogadoras Kaithlyn e Alicia se encontren totalmente recuperadas das súas molestias e que Pepo Garrido tamén poida participar, aínda que por cuestións laborais será dúbida ata o último momento.

O equipo de Murcia reforzouse moi ben esta tempada, capitaneado pola grande Ana Ibis, que ten no seu habar, nada menos, que catro medallas olímpicas (tres de ora unha de bronce) e dúas medallas de ouro de campionatos do mundo. As novas xogadoras que ficharon esta tempada polo equipo murciano, encontraron nela a guía necesaria para xogar de ti a ti ante calquera dos equipos desta liga. De todos os xeitos, como equipo novo ten altibaixo no seu rendemento ao longo dos partidos disputados, reflectido nos seus numerosos resultados finais por 3 sets a 2, pero non por iso deixa de ser un dos equipos máis competitivos.

O adestrador lucense, Jose Valle, espera aproveitar esta situación e forzar, polo menos, un set de desempate.

26/11/2014

RESULTADOS LIGAS AUTONÓMICAS 22-23 DE NOVEMBRO

Filed under: Cadetes,Infantís,Ligas Galegas,Novas — admin @ 17:33

LIGAS AUTONÓMICAS

INFANTIL MASCULINO

V Dumbría 0 – C.V. Emeve 3

Parciales: 13-25, 13-25, 12-25

Emeve: Villar, Villa, Fernández, Díaz, Folgueira, Negro, Villar A.

VOLEIBOL DUMBRIA:

 

CADETE FEMININO

C.V. Emeve 3 – V Dumbría 0

Parciales: 3-25, 21-25, 12-25

Voleibol Dumbría: Cespón, Santiago, Lado, Conde, Castrege, Ayala, López, Abeisoni, Ayala (I), Martínez (I), De Ramón (I)

EMEVE: Leiras, Vázquez, Lorenzo, Carreira, Gancedo, Fernández, García, Cuadros,

 

CADETE MASCULINA

C.V. Emeve 3 – Mexillón de Ouro Rianxo: 0

Parciales: 4- 25, 5-25, 1-25

Mexilón De Ouro Rianxo: Figueira, Ordóñez, Iglesias, Martínez, García, Acuña, Conde

EMEVE: De Marcos, Armesto, Pérez, Román, Ojea, Villar, Vilaboa.

 

2º B FEMININO

XIRIA Ases Cervantes 3 – C.V. Emeve 0

Parciales: 25-14, 25-22, 25-16

XIRIA ASES CERVANTES: Souto, García, Cancela, Castro, Tarrio, Vázquez.

Emeve: Martínez, Ares, Lorenzo, Suárez, Arias, Pallín, Rodríguez, Martínez.

 

2º A MASCULINA

Noia 3 – C.V. Emeve 0 (retirado el Emeve por falta de jugadores debido a lesiones)

Parciales: 25-6, 25-0, 25-0

Fisioterapia Cinesia Noia: Rodríguez, Roo, González, Abuin, Rivas, Guillen, Figueira, Mouris, Louro, Caamaño.

Emeve: Valle J, Villa, Bustos, Valle L., Núñez, Rodríguez.

 

 

 

24/11/2014

CUESTIÓN DE PELOTAS

Filed under: Novas — admin @ 22:11

Entrevista a Xosé Valle e Sara Folgueira

20/11/2014

PREVIAS SUPELIGA

Filed under: Novas — Etiquetas: , , — admin @ 21:31

SVM

 

O EMEVE DE LUGO ENFRÓNTASE EN MADRID AO SEU MÁXIMO RIVAL PARA LOITAR POLA PERMANENCIA

O equipo lucense é o único representante galego na Superliga de Voleibol MasculinaSLM-WEB

O C.V. Emeve de Lugo desprázase este fin de semana a Madrid para enfrontarse ao Voleibol-Praia Madrid en encontro correspondente á sétima xornada da Superliga de Voleibol Masculina. O partido, que terá lugar o domingo, 23 de novembro, ás 12,15 horas no C. Deportivo Municipal Entrevías, poderá verse en streaming a través da páxina Web da Federación Española de Voleibol: http://directos.rfevb.com/directos

O EMEVE enfróntase este domingo cun rival directo pola permanencia na Superliga, xa que o Voleibol-Praia Madrid nestes momentos é último na clasificación cun punto, obtido ao perder por 2 sets a 3 no seu duelo na casa ante a Téxtil Santanderina. O equipo lucense conta nestes momentos con 4 puntos, co que, se consegue a vitoria, poñería terra de por medio sobre o último clasificado e rival directo.

O equipo lucense espera poder desprazarse con toda o seu equipo, aínda que Marcos Branco ten unha lixeira sobrecarga nas costas e está a adestrar máis suave para poder chegar ao partido. O que non pode viaxar a Madrid é o adestrador Diego Campelo, que será substituído polo segundo, Alberto Rodríguez (Tendi), que se encargará de dirixir ao equipo, nun encontro que se prevé igualado e que é moi importante conseguir un resultado o máis positivo posible.

Segundo o adestrador lucense, Tendi, «a clave estará na estabilidade que nos achegue a nosa recepción para desenvolver o noso xogo, e en que o noso posicionamento en bloqueo e defensa sexa bo para poder ter opcións de reconstrución».

O posible sexteto inicial do C.V. Emeve será: Marco Zayas, Juan Díaz-Romeral, Marlon Palharini, Pablo Gómez, Pablo Suárez, Boris Rodríguez e Álvaro Bustos como libre. O resto dos xogadores que viaxan a Madrid son: Carlos López, Marcos Branco, Diego Besteiro,Nicolás Rozas e Diego Valín.

O Voleibol-Praia Madrid ten nas súas filas a Pablo Vidal, xogador que estivo no Emeve durante varias tempadas, a Diego Mahía, xogador de San Sadurniño que coñece á perfección aos nosos xogadores e aEdu Sánchez, quen militou as últimas campañas en Vigo, con moita experiencia en Superliga. Son un equipo moi experimentado e xogan nunha cancha moi difícil, non só por ter que disputar o encontro na mañá do domingo, senón polas características do pavillón.

[hr]

SLF

 

O EMEVE BUSCA ASENTARSE NA SUPERLIGA ANTE O SEU COÑECIDO ALCOBENDAS

O equipo do C.V. Emeve de Lugo desprázase o próximo sábado, día 22 de novembro, á comunidade de Madrid para enfrontarse ao SLF-WEBC.V.Feel Volley Alcobendas, en partido correspondente á sétima xornada da Superliga Feminina, que se disputará no pavillón Luís Buñuel ás 17 horas. Este encontro poderá verse en streaming a través da páxinaWeb da Federación: http://directos.rfevb.com/

O desprazamento a Alcobendas preséntase como outra dura proba para o equipo galego, novato nesta Superliga. Aínda que a expectativa, segundo sinala o adestrador lucense, José Valle, é tratar de encadear outro resultado positivo. «Agora que sabemos o que é puntuar e gañar, esperemos que nos sirva para ter a confianza nos momentos clave que nos faltou nos primeiros partidos de liga».

O CV Emeve segue coa dúbida no seu desprazamento da xogadoraKaitlyn Skinner, que segue arrastrando problemas no seu cóbado,Pepo Garrido que non se despraza habitualmente e Alicia Rodríguezcon problemas físicos nun dos seus xeonllos.

Alcobendas é un vello coñecido do novo equipo lucense, xa que estes anos se enfrontaron en categorías inferiores, tanto cadete coma xuvenil, con duelos sempre intensos e cheos de alternativas. O equipo madrileño, ao igual que o lucense, está composto por novas e prometedoras xogadoras, capitaneado pola veterana Esther Rodríguez, receptora de gran calidade e con grande achega en labores de ataque da escuadra madrileña.

Cabe destacar a presenza de Lúa Bovio del Pup, colocadora do equipo madrileño, que se formou nas categorías inferiores do C.V.Emeve, infantil, cadete, xuvenil e en Superliga II a tempada anterior ao ascenso.
Lúa milita no equipo de Alcobendas dende a tempada pasada e con este club hai conseguido proclamarse campioa de Superliga Júnior e campioa de España Xuvenil na tempada 13/14.

Older Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies