Arenal Emevé – Cajasol Voley Dos Hermanas

Regresa a LigaIberdrola ao Municipal e regresa con restricións polo Covid.
Novamente o aforo estará limitado a 60 persoas; polo que procederemos, como a semana pasada, a sortear as entradas entre as persoas que así o soliciten.
Lembra, para poder participar:
– Debes ser SOCI@ do club nesta tempada.
– Envía un mail solicitando as túas entradas a emevelugo@yahoo.es ANTES do próximo XOVES ás 12:00.
– No correo debes indicar todas as persoas que desexan asistir (@s neno@s tamén, porque tamén contan para o aforo máximo)
– No correo debes identificar a tod@s @s solicitantes con NOME, APELIDOS, DNI E N° DE TELÉFONO (en caso de nen@s indicar o teléfono dun dos seus pais).
– Tod@s aqueles que non envíen o correo en FORMA e PRAZO NON poderán entrar no sorteo das entradas.
Novamente queremos dar GRAZAS pola COMPRENSIÓN e o APOIO recibidos, do mesmo xeito que reiteramos as nosas máis sinceras DESCULPAS por esta SITUACIÓN totalmente ALLEA ao CLUB.
Se tod@s poñemos un pouco de sentidiño, pronto acabaremos con esta nova «anormalidade».
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Crónica post-partido

Un único denominador común, a falta de contundencia en ataque, condena á derrota a loitadoras e loitadores en dous partidos moi igualados.
A pesar da melloría vista respecto a primeira xornada, non foi suficiente e seguimos sen inaugurar o noso casilleiro de vitorias.
Antóllasenos unha dura semana de adestramentos se non queremos seguir aumentando os nosos plenos de derrotas.

Podes ler as crónicas completas en

El Progreso de Lugo, o teu diario de sempre.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Grupo DITRAM presenta a Natasha Valente

GRUPO DITRAM, o noso provedor de vehículos industriais, foi o lugar elixido para a presentación de NATASHA VALENTE.
A Internacional Brasileira de Volei Praia foi presentada aos medios acompañada de Antonia Iglesias, Vicepresidenta do Arenal Emevé, e Rubén Gil, Director Xeral de Grupo Ditram.
Benvida Natasha!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Macro reportaxe en El Progreso de Lugo

¿Aínda non viches hoxe El Progreso de Lugo?
Aínda estás a tempo, hoxe como incentivo podes ler unha reportaxe moi interesante sobre o noso club.
Non o perdas, quizais sexa o mellor e máis completa reportaxe feita nunca sobre o Arenal Emevé.
Un claro exemplo do que a colaboración entre Atalaia Comunicación, El Progreso de Lugo e o noso RRSSTEAM pode facer.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA