Fichaxe de Mariana Capovilla para o Arenal Emevé.

𝐌𝐚𝐫𝐢𝐚𝐧𝐚 𝐂𝐚𝐩𝐨𝐯𝐢𝐥𝐥𝐚, pecha o plantel das #loitadoras para a próxima tempada na Liga Iberdrola.
A experimentada receptora brasileira conta cunha ampla experiencia, tanto no seu país onde xogou nalgúns dos mellores equipos, como a nivel internacional.
Coa chegada de Mari reúnese o demoledor tándem que formaba en Valinhos xunto a Yael Castiglione. Ambas achegarán a súa experiencia e axudarán ás máis xovenes a espremer todo o seu potencial.

𝘽𝙚𝙣𝙫𝙞𝙙𝙖 𝙖 𝙩𝙪𝙖 𝙘𝙖𝙨𝙖 𝙈𝙖𝙧𝙞!!! 👏👏👏
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐀 𝐒𝐔𝐏𝐄𝐑𝐋𝐈𝐆𝐀 𝐃𝐀 𝐗𝐔𝐒𝐓𝐈𝐙𝐀

 

Fases Finais 20/21. Campionatos Galegos


Hoxe, no especial 𝘼 𝘾𝘼𝙉𝙏𝙀𝙄𝙍𝘼 do diario El Progreso de Lugo , portada e protagonismo para a nosa #policanteira. Con especial atención ós primeiros postos acadados polos nosos equipos Benxamín Masculino, Alevín Feminino e Cadete Feminino nos Campionatos Galegos.
Para toda a nosa policanteira un aplauso xigante.SODES O NOSO MOTOR!!!
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕𝐄, 𝐀 𝐂𝐀𝐍𝐓𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐏𝐎𝐑 𝐁𝐀𝐍𝐃𝐄𝐈𝐑𝐀

Aurelio Rodríguez súmase ao proxecto Arenal Emevé.

𝐀𝐮𝐫𝐞𝐥𝐢𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫í𝐠𝐮𝐞𝐳, nova incorporación para a muralla dos nosos #loitadores.

O central, que provén de Téxtil Santanderina,
a pesar da súa mocidade, xa posúe experiencia na máxima categoría do voleibol español e unha gran proxección e capacidade de mellora, que tentará espremer o seu adestrador Diego Taboada.
𝘽𝙚𝙣𝙫𝙞𝙙𝙤 𝙖 𝙩𝙪𝙖 𝙘𝙖𝙨𝙖 𝘼𝙪𝙧𝙚𝙡𝙞𝙤!!! 👏👏👏