O Emevé promociona o voleibol para persoas con diversidade funcional

O Club de Voleibol Emevé volve a saír ás rúas mañá para promocionar o seu deporte da forma máis presencial posible. A partires das 17.00 horas, a praza de Augas Férreas acollerá unha xornada de fomento do voleibol, esta vez, destinada a persoas con diversidade funcional. Para elo, o CV Emevé estará acompañado de representantes da Confederación Galega de Persoas Con Discapacidade en Lugo (COGAMI) e da asociación Auxilia Lugo. Ademáis estarán presentes a deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo; e a Concelleira da mesma área no Concello de Lugo, Ana González Abelleira.

Una respuesta a «O Emevé promociona o voleibol para persoas con diversidade funcional»

  1. Pingback: O Emevé promociona o voleibol para persoas con diversidade funcional – Deporte Galicia