XXXVII COPA GALICIA DE VOLEIBOL FEMININO
Este sábado 4 de Xaneiro temos unha nova cita coa Copa Galicia.
Esta Copa reúne aos catro mellores equipos femininos da pasada tempada. Estes catro equipos (Arenal Emevé de Lugo, CV Bruxas de Ames, Autos Cancela Zalaeta de A Coruña, e Club Korbis de Monforte) enfróntanse en formato de Final Four a partir das 10:00, e ata as 19:00 que se disputará a Final no Pavillón Municipal do Restollal de Santiago.
As nosas #loitadoras tentarán revalidar o título conseguido o ano pasado en As Pontes de García Rodríguez. ARENAL EMEVÉ, A POLA COPA !!
Pingback: XXXVII Copa Galicia de Voleibol Feminino – Deporte Galicia