No día de onte tivo lugar a presentación da primeira academia de voleibol impulsada por un club en España.>Un lugar no que as xogadoras poderán compaxinar a práctica do Volei cos seus estudos nun ambiente privilexiado, nunhas instalacións de máis de 600 m2 e rodeadas dunha parcela de máis de 3000 m2, nas que gozarán de zonas de grellada, piscina, lavandería, amplos xardíns e todas as comodidades necesarias para que, acompañadas do persoal do club, poidan seguir progresando neste precioso deporte