

Lugo é deporte, e o voleibol é un gran exemplo do talento e da paixón que definen á nosa cidade.
Recibimos na Casa do Concello a Felipe Pascual, novo presidente da Real Federación Española de Voleibol , acompañado por José Ángel Luna, vicepresidente da entidade e presidente da Federación Galega de Voleibol . Un encontro para fortalecer lazos e seguir traballando para que Lugo siga sendo un referente neste deporte.
O Club Voleibol Emevé é único en España, con equipos masculino e feminino na máxima categoría, e contamos co Pavillón Municipal, sede de finais de competicións como a Copa da Raíña. Temos todo o necesario para seguir impulsando o voleibol e a nosa cidade!