

Defendendo o noso voleibol


Esta mañán visitáronnos o Secretario Xeral para o Deporte, ROBERTO GARCÍA e o Xefe do Servicio Provincial de Deportes, MANOLO CADRAMÓN, aos que lles poidemos agradecer persoalmente a axuda recibida polo noso clube para adquisición de material deportivo e de mobilidade.

Hoxe fomos á recepción do Concello de Lugo aos equipos MAQUINARIA DURÁN ENSINO de baloncesto e ARENAL EMEVÉ de voleibol para celebrar a clasificación dos clubes lucenses femininos para as suas respectivas COPA DA RAÍÑA.

Este Nadal estivemos no Pavillón da Solaina xogando o clásico Torneo de Voleibol Cidade de Narón, onde fomos tratados de marabilla polo club anfitrión, CV NARÓN VOLEA: Moitas grazas coma sempre.






Liga Iberdrola, Primeira División Nacional, Ligas Galegas e Liga Escolar.







