Despois de toda unha vida vestindo a camisola do Emevé, os nosos camiños sepáranse. Ainara Burgo chegou ao club con só seis anos e, desde entón, foi moito máis ca unha xogadora: converteuse nunha referencia dentro e fóra da pista, un exemplo de compromiso, esforzo e paixón polo voleibol. Capitana, internacional e campioa, a súa pegada quedará para sempre no noso club.
Grazas por todo o que fixeches por esta familia. Desexámoste a mellor das sortes en todos e cada un dos retos que afrontes a partir de agora, tanto no persoal como no profesional. O Emevé sempre será a túa casa!
O sábado,o noso equipo JUNIIOR FEMININO conseguiu traerse para casa o trofeo de CAMPIÓN GALEGO.
Ao día seguinte,o noso CADETE MASCULINO traíase a medalla de bronce do mesmo Campionato.
Parabéns loitador@s
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’.
ACEPTAR