CV ARENAL EMEVE

Defendendo o noso voleibol

  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • YouTube
  • CanteiraTV

Menú Principal

  • CLUB
  • NOVAS
    • Campionatos de España
    • Selección Nacional
    • Volei Praia
      • Volei Praia
    • Ligas Galegas
      • Xuvenil Femenino
      • Xuvenil Masculino
      • Cadetes
      • Infantís
  • LIGA ZONAL (Poli)
  • ONDE ESTAMOS
  • CONTACTO
  • LOPD
  • NON
  • ABONADO/AS

Menú Secundario

  • COMPETICIÓNS
  • CANAL EMEVE TV
  • CANTEIRA TV
  • FGVB
  • RFEVB
  • AREA DE PROTECCIÓN
  • PORTAL TRANSPARENCIA
    • PRESUPUESTOS
    • PYG 2024

Arquivos do autor: admin

JUAN DÍAZ ROMERAL MVP DA CUARTA XORNADA DE SLM

Publicado el 03/11/2014 por admin

MVP DA CUARTA XORNADA

romeral_2014_2015_nov_rfevb

Foto Web Rfevb

O xogador de Emevé, Juan Díaz-Romeral foi designado MVP da cuarta xornada de Superliga masculina. O atacante levou o seu equipo a conseguir a súa primeira vitoria en competición cunha destacada actuación ofensiva, no choque que lle enfrontou a UBEL’illa Grau.

svm04

O oposto da escuadra galega converteuse en mellor atacante e máximo anotador da xornada grazas aos seus 30 puntos en catro sets, que foron fundamentais no triunfo do seu equipo. E é queJuan Díaz-Romeral completou unha brillante actuación ofensiva, certificada en 30 puntos, 26 deles en ataque, cun 49% de eficacia ofensiva, ademais de 2 bloqueos e 2 aces que non só serviron para que o conxunto lucense inaugurase a súa cuadrícula de vitorias senón tamén para outorgarlle o MVP da xornada.

 

 

Se queres acceder á noticia completa pica aquí

 

Publicado en Novas | Etiquetado Super Liga Masculina

PREVIOS SUPERLIGAS

Publicado el 01/11/2014 por admin

O EMEVE MASCULINO BUSCA A PRIMEIRA VITORIA DA TEMPADA FRONTE AOL’ILLA GRAU DE CASTELLÓ

O sábado espérase un encontro cun bo nivel de xogo e competidoSLM WEB
O Pavillón Municipal de Lugo acolle este sábado ás 18 horas o encontro correspondente á cuarta xornada da Superliga Masculina de voleibol, na que se enfrontarán o equipo local, C.V. Emeve e oC.V. L’Illa Grau de Castelló. Seguidamente, serán as rapazas doEmevé, participantes na Superliga Feminina, as que disputen a súa cuarta xornada fronte ao equipo tinerfeño.
Este encontro espérase disputado, xa que os de Castelló a tempada pasada realizaron unha boa primeira volta e quedaron na táboa xusto por enriba do equipo lucense. O ano pasado os lucenses gañaron na casa e perderon o encontro disputado en Castelló, así que polo menos esperan que este sábado se volva repetir a vitoria e ofrecer un bo nivel de xogo.
Os de Castelló contan con xogadores que forman un bloque moi potente, a pesar de perder o seu xogador “oposto”, Hernández, que fichou por Unicaja. Ao igual que os lucenses teñen un bo xogo cos centrais, por iso o equipo do Emeve espera poder despregar o seu xogo, que é o máis importante, e poder encontrarse como equipo que, en palabras do seu adestrador, Diego Taboada, “aínda lles custa un pouco”.

O EQUIPO LUCENSE EMEVE FEMININO ENFRÓNTASE NA CASA A UN HISTÓRICO DO VÓLEY ESPAÑOL

O equipo galego espera seguir a súa progresión no xogo para loitar pola permanenciaSLF WEB
O C.V. Emeve enfróntase este sábado ao C.V. Aguere de la Laguna(Tenerife), no encontro correspondente á cuarta xornada da Superliga feminina, que terá lugar no Pavillón Municipal de Lugo ás 20 horas, tras finalizar o encontro do equipo masculino.

Unha xornada máis as rapazas do Emeve deberán disputar un duro encontro na casa fronte a un dos equipos históricos do voleibol español. Para o adestrador lucense, José Valle, “este é un fin de semana importante, para subir un chanzo máis na nosa progresión. Ademais espero que xogando na casa, onde adoitamos render un pouquiño mellor, teñamos a opción de disputar todos os sets e, mesmo o partido”.
O equipo canario reforzouse esta tempada coa incorporación de dúas centrais senegalesas e a colocadora Marte Fraile, que vén do equipo de Navarra. Nos primeiros encontros de liga logrou dúas importantes vitorias fronte ao equipo veciño de Ibsa Canarias e oExtremadura Regueiro, aínda que, ao igual que as lucenses, perderon fronte o Avarca Menorca, que como sinalou no seu momento o adestrador lucense, é un rival moi a ter en conta para poder entrar no play off.
Loita continua pola permanencia
O equipo local, o Emeve, vai mellorando pouco a pouco, aínda que sen vitorias polo momento, se van asentando na categoría, encontro tras encontro e esperan que este traballo se vexa reflectido no seu obxectivo para esta tempada, que é a permanencia. No partido do pasado fin de semana fixeron un primeiro set bastante completo fronte ao Miranda, pero despois foron perdendo consistencia no segundo e terceiro, xa que segundoJosé Valle “seguimos tendo problemas coa nosa contundencia á hora de finalizar os puntos”, contundencia que esperan ter no encontro deste sábado.

Publicado en Novas | Etiquetado josé valle, Super Liga Feminina, Super Liga Masculina

SVM y SFV el Sábado 1 Novembro en Lugo.

Publicado el 28/10/2014 por admin
0111

SVM. Emevé-L’Illa Grau

CHICAS

V SFV: Emevé-CV Aguere

Publicado en Novas

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN SVM E SLF TRAS A 3ª XORNADA.

Publicado el 26/10/2014 por admin

Superliga Masculina Clasificación

 

 Resultados de la jornada
Electrocash CCPH – Ushuaïa Ibiza Voley 1 – 3 (28-26/22-25/20-25/18-25/0-0)
Fundación Cajasol Juvasa Voley – Emevé 3 – 0 (25-18/25-23/25-13/0-0/0-0)
UBE L,Illa Grau – Río Duero San José 3 – 1 (18-25/25-17/25-17/25-21/0-0)
Vecindario ACE Gran Canaria – CDV Textil Santanderina 3 – 0 (25-22/25-22/25-14/0-0/0-0)
CAI Teruel – Unicaja Almería 2 – 3 (23-25/25-18/20-25/25-19/9-15)

Clasificación

 

Equipo Ptos J G3 G2 P1 P0 PS SF SC PF PC
Unicaja Almería 8 3 2 1 0 0 0 9 2 252 201
Fundación Cajasol Juvasa Voley 6 3 2 0 0 1 0 6 3 205 188
Río Duero San José 6 3 2 0 0 1 0 7 4 250 237
Ushuaïa Ibiza Voley 6 3 2 0 0 1 0 7 5 287 268
Electrocash CCPH 5 3 1 1 0 1 0 7 6 296 272
CAI Teruel 4 2 1 0 1 0 0 5 3 177 146
UBE L,Illa Grau 4 3 1 0 1 1 0 5 7 245 256
Vecindario ACE Gran Canaria 3 2 1 0 0 1 0 3 3 124 133
CDV Textil Santanderina 2 3 0 1 0 2 0 3 8 218 253
Emevé 1 3 0 0 1 2 0 3 9 236 283
VP Madrid 0 2 0 0 0 2 0 1 6 118 171

Próximos encuentros

01/11/2014 19:00 Unicaja Almería – VP Madrid Pabellón Moisés Ruiz
01/11/2014 18:30 CDV Textil Santanderina – CAI Teruel PM Matilde la Torre
01/11/2014 19:15 Río Duero San José – Vecindario ACE Gran Canaria Pabellón Polideportivo de Los Pajaritos
01/11/2014 18:00 Emevé – UBE L,Illa Grau Pabellón Municipal
01/11/2014 19:00 Ushuaïa Ibiza Voley – Fundación Cajasol Juvasa Voley Polideportivo de “Es Viver”

 

Superliga Femenina Clasificación

 

Resultados de la jornada

 

Atlantic Holding – Emevé 3 – 0 (25-23/25-13/25-11/0-0/0-0)
C.V. Aguere – Avarca de Menorca 0 – 3 (22-25/19-25/15-25/0-0/0-0)
GH Leadernet Navarcable – Extremadura Arroyo 3 – 0 (25-13/25-19/25-22/0-0/0-0)
Haro Rioja Voley – IBSA CV ACE Gran Canaria 2 – 3 (17-25/21-25/25-23/25-19/9-15)
Feel Volley Alcobendas – CVB Barça 0 – 3 (19-25/16-25/18-25/0-0/0-0)
UCAM Voley Murcia – Naturhouse Ciudad de Logroño 0 – 3 (13-25/15-25/17-25/0-0/0-0)

 

 

Clasificación

 

Equipo Ptos J G3 G2 P1 P0 PS SF SC PF PC
Naturhouse Ciudad de Logroño 9 3 3 0 0 0 0 9 0 225 139
GH Leadernet Navarcable 9 3 3 0 0 0 0 9 0 225 167
Avarca de Menorca 9 3 3 0 0 0 0 9 1 248 187
CVB Barça 6 3 2 0 0 1 0 6 3 217 195
C.V. Aguere 5 3 1 1 0 1 0 6 6 250 273
Atlantic Holding 4 3 1 0 1 1 0 6 6 276 256
Extremadura Arroyo 4 3 1 0 1 1 0 5 6 243 249
UCAM Voley Murcia 3 3 0 1 1 1 0 5 8 258 291
IBSA CV ACE Gran Canaria 2 3 0 1 0 2 0 4 8 244 263
Feel Volley Alcobendas 2 3 0 1 0 2 0 3 8 209 252
Haro Rioja Voley 1 3 0 0 1 2 0 2 9 205 261
Emevé 0 3 0 0 0 3 0 0 9 161 228

 

 

 

 

 

Publicado en Novas | Etiquetado Super Liga Feminina, Super Liga Masculina

PREVIA SVM

Publicado el 24/10/2014 por admin

O EMEVE DESPRÁZASE A SEVILLA CON BOAS ESPECTATIVAS PARA A VITORIA

O próximo domingo, día 26, ás 12 horas disputarase no Pavillón deLos Montecillos, na cidade de Dúas Irmás (Sevilla) o encontro correspondente á terceira xornada da Superliga Masculina de Voleibol (SVM), no que o EMEVE de Lugo se enfronta ao Fundación Cajasol Juvasa.

Os lucenses enfrontaranse a un equipo que para a presente tempada se renovou completamente, con xogadores moi novos, que basea, principalmente o seu xogo, no “oposto” e nos dous “receptores”. Ademais, os sevillanos contan o seu favor coas instalacións nas que se disputará este encontro, moi diferentes ás que habitualmente utiliza o Emevé. En Sevilla encontraranse cun pavillón moi estreito e co teito moi baixo, pero os de Lugo deberán adaptarse ás circunstancias e intentar gañar este partido.
O adestrador lucense, Diego Taboada, ve con optimismo este encontro, sinala que “esta xornada nos enfrontaremos a un rival directo, que ao igual que nós está completamente renovado e ao que esperamos gañar se facemos o noso xogo”.

Publicado en Novas | Etiquetado Super Liga Masculina

PREVIA SFV

Publicado el 24/10/2014 por admin

O EMEVE DESPRÁZASE A BURGOS PARA DISPUTAR UN DURO ENCONTRO ANTE UN DOS EQUIPOS MÁIS FORTES DA LIGA

O próximo sábado, 25 de outubro, ás 19 horas disputarase en Pavillón de Bagas da localidade burgalesa de Miranda de Ebro o partido entre o Atlantic Holding mirandés e o Emevé de Lugo. Este encontro corresponde á terceira xornada da Superliga Feminina de Voleibol (SFV).

O equipo Emeve desprázase este fin de semana a terras castelás para enfrontarse a un equipo de xogadoras veteranas e con moita experiencia en Superliga I, como demostra a presenza da receptora e libero da selección nacional, non hai moito tempo, Diana Sánchez, que ademais leva as rendas do equipo nos momentos máis difíciles. As lucenses tamén se van encontrar coa súa excompañeira, a colocadora, Carmen Morales, que decidiu cambiar a un equipo de máis peso e con opcións aos play off de título e copa da Raíña.

Para o adestrador lucense, José Valle, este encontro é dos máis difíciles da tempada, ” pero esta semana as xogadoras estiveron a traballar con moitas ganas”, ademais poderá contar con toda o equipo para desprazarse a Miranda e “esperamos facer un mellor papel que en Menorca, onde non tivemos ningunha opción de disputar o partido,”.

Publicado en Novas | Etiquetado Super Liga Feminina

Navegador de artigos

← Publicacións máis antigas
Publicacións máis recentes →
  • Facebook
  • Twitter
  • X Twitter
  • YouTube
  • Instagram
  • Spotify
  • Tiktok
Copyright © E CV ARENAL EMEVE Todos os dereitos reservados
Tema: Catch Evolution por Catch Themes
  • <
  • <
  • <
  • <
  • <
  • <

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.