BENVIDA, SARA!

⚔️ NOVA INCORPORACIÓN!

Sara Dias, campioa da Liga Iberdrola co Hidramar Gran Canaria, chega a Lugo para liderar o ataque do Arenal Emevé. Elexida Mellor Oposta da Competición na tempada 22/23, aportará experiencia, potencia e unha contrastada traxectoria internacional. BENVIDA, SARA ❤️💙

CESA 2026 LUGO: Nosos loitadores!

Desexamos moito éxito a Galicia e aos nosos deportistas do Arenal Emevé nesta cita histórica para a nosa cidade, que alberga un Campionato de España de Seleccións Autonómicas, o torneo máis importante do voleibol de base, con máis de 1.000 xogadores e xogadoras en liza.

BENVIDA, SOFÍA!

⚔️ NOVA INCORPORACIÓN!

Sofía Tummino, recente campioa de Liga Iberdrola co Heidelberg, únese ás loitadoras para a tempada 26/27. A receptora italoarxentina aterriza en Lugo despois de 10 tempadas de experiencia na élite do vólei español, cunha destacada traxectoria defensiva e elevados porcentaxes de recepción.

UTIMAS PLAZAS!

0 5 de xullo arranca o III Campus de Tecnificación do Emevé, no que contaremos cos seguintes adestradores:

🏐 JOSE VALLE 🏐 MANUEL BLANCO 🏐 IRENE OSAYANDE 🏐 JOSÉ MARTÍNEZ

BENVIDA, CATALINA!

⚔️ NOVA INCORPORACIÓN!

A colocadora Catalina Rochaix, internacional coa Selección Arxentina, únese ás loitadoras para a tempada 26/27. Despois de varias tempadas exitosas en Estados Unidos, onde foi dúas veces seleccionada mellor colocadora da Ohio Valley Conference, chega a Lugo para liderar o xogo do Emevé.

BENVIDA, IRENE!

⚔️ NOVA INCORPORACIÓN!

Irene Ruiz chega a Lugo tras máis de 6 tempadas de experiencia nas principais categorías nacionales, a última no CVB Barça. Con 1,84 metros de altura, a nova loitadora aportará variedade no xogo ofensivo, solidez e capacidade de bloqueo.