Resultados da Primeira Xornada de Liga Zonal do 24 de Xaneiro
[table id=5 /]
Defendendo o noso voleibol
Resultados da Primeira Xornada de Liga Zonal do 24 de Xaneiro
[table id=5 /]
Déixovos as fotos que fixo Cris Leiro o Sábado pasado, día 24 de Xaneiro. Como sempre, os primeiros partidos son un pouco caóticos porque non é doado organizar a tantos rapaces. Gracias pola vosa consideración e a vosa axuda.
Xa podedes recoller as equipacións encargadas na tenda de Twinner,na rúa San Marcos ou reservarlas. Para o campionato provincial é obrigatorio ter a camiseta e o chándal, así como para o campionato galego alevín.
O C.V. Emevé participa con 16 equipos na Liga Escolar Alevín e benxamín
O club lucense aposta polo deporte base
Este sábado comeza o campionato de Liga Escolar nas categorías benxamín e alevín, que terá lugar a partir das doce horas no pavillón dos institutos de Lugo.
O C.V. Emevé presenta nesta Liga Escolar un total de 16 equipos, dos cales, sete tomarán parte nos encontros da categoría benxamín e nove equipos xogarán na categoría Alevín. O Emevé, ata a data, non participara nesta liga con tantos equipos das categorías inferiores.
Para a presidenta do club, Bibí Bouza, “isto demostra o claro interese do Emevé na promoción e apoio do deporte base, así como o gran traballo e excelentes resultados da nosa escola deportiva”.
[divider]
O “novo” Emevé próbase este sábado fronte ao Aguere tinerfeño
O C.V. Emevé feminino de Lugo desprázase este fin de semana ás Illas Canarias para enfrontarse ao cuarto clasificado da táboa, oC.V. Aguere de Tenerife. Este partido correspondente á décimo quinta xornada da Superliga (SFV), terá lugar o sábado ás 18 horas no pavillón Juan Ríos Tejera de la Laguna.
Este encontro, fronte a un conxunto moi superior, será o primeiro test para o equipo lucense despois da súa reestruturación, coas incorporacións das xogadoras Rosalía Alonso e Graciela do Monte, a volta de Lucía Prol e a entrada no equipo de xogadoras da canteira. Ademais tamén hai que engadir, nestes días de cambios, o parón obrigado pola retirada do equipo de Miranda.
O adestrador do Emevé, Jose Valle, sinala que afrontará este encontro co equipo aínda pouco rodado, tras as recentes incorporacións, pero “cunha gran dose de moral”. Este, sinala, é un partido complicado pola calidade do equipo rival e tamén polo desprazamento que debemos afrontar. Aínda así, continúa, esperamos ser competitivas e poder sacar algo positivo do encontro, xa que todos os partidos que se presentan agora son unha final para nós. O adestrador lucense recalca que, “os meses definitivos e onde apuraremos nosas opcións serán febreiro e marzo”.
Novas incorporacións
O Emevé, incorpora á xogadora Rosalía Alonso-Mañero, central procedente do Mirando de Ebro, de 25 anos, que leva xogando sete tempadas na Superliga.
Graciela do Monte, receptora de 1,83m., tamén vén do equipo deMiranda. Esta brasileira, xa xogou en Monforte dúas tempadas e vén a reforzar o equipo feminino para intentar salvar a categoría.
Xogadoras que se desprazarán do C.V. Emevé:
Sara Folgueira; Alicia Rodríguez; Gracieli do Monte; Rosalía Alonso;Kaithlyn Skinner; Laura Villasante; María Pena; Piñeiro Chao;Carmen Saa e Lucia Prol.