Mércores 27 xaneiro: Arenal Emevé SVF-CV Kiele Socuéllamos

MÉRCORES 27 XANEIRO
Pavillón Municipal de Deportes
20:00 LIGA IBERDROLA
CV KIELE SOCUÉLLAMOS
Novo partido entre semana, nova oportunidade para gozar do mellor voley do momento cas nosas loitadoras.
Debido á complicada situación sanitaria pola que estamos a pasar, e atendendo ás novas normas decretadas pola Xunta de Galicia, o partido disputarase a PORTA PECHADA.
Pero lembra, podes velo por Streaming na nosa páxina de YouTube grazas ás excepcionais retransmisións de Lecer Audiovisual, a mellor calidade de imaxe, os mellores ángulos…pincha aquí para acceder ao enlace.
Goza das nosas campioas desde a comodidade do teu fogar.

Lucía Prol MVP e Inma e Sara Urrea no septeto ideal.

Levaba tempo merecéndoo e por fin o conseguiu.

LUCÍA ” METRALLETA” PROL convértese na MVP desta xornada da Liga Iberdrola.

A súa actuación no partido frente a Cajasol, onde non deixou de fusilar as liñas inimigas en busca dun punto tras outro, é merecedora deste recoñecemento.

Ataque, saque, bloqueo, recepción… Lucía brillou en todas as facetas do xogo, contaxiando ao resto das súas compañeiras, o que as levou a realizar un precioso partido e unha remontada impresionante.

Parabens Lucía!! Parabens mozas!!

ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Carla Jiménez, mejor bloqueadora de la jornada.

Da nosa xira polas Illas Afortunadas, as nosas #loitadoras trouxéronse un puntiño de ouro e a designación de Carla Jiménez como mellor bloqueadora.
A central catalá, a pesar da súa mocidade, é unha das grandes da Liga Iberdrola na súa posición, a parte dunha peza crave de nosa Mu-ra-lla.
Enorme Carla, segue así !!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Puntito de oro para Arenal Emevé Liga Iberdrola

Un rebautizado E.M.B. Lugo (anteriormente coñecido como C.V. ARENAL EMEVÉ) consegue un punto de ouro na súa visita a Tenerife. Unha derrota 3-2 Sanaya Libby’s A Lagoa, que sabe a pequena vitoria, e que nos fai sumar un punto que pode ser determinante ao final da tempada.Enorme esforzo mozas!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA