Lugo é de Superliga


Ú𝘯𝘪𝘤𝘰 𝘊𝘭𝘶𝘣 𝘥𝘦 𝘌𝘴𝘱𝘢ñ𝘢 𝘤𝘰𝘴 𝘦𝘲𝘶𝘪𝘱𝘰𝘴 𝘧𝘦𝘮𝘪𝘯𝘪𝘯𝘰 𝘦 𝘮𝘢𝘴𝘤𝘶𝘭𝘪𝘯𝘰 𝘯𝘢𝘴 𝘚𝘶𝘱𝘦𝘳𝘭𝘪𝘨𝘢𝘴 𝘥𝘦 𝘝𝘰𝘭𝘦𝘪𝘣𝘰𝘭

Protocolo Loitadoras


Para combater o Covid aplícate o remedio das nosas 𝙡𝙤𝙞𝙩𝙖𝙙𝙤𝙧𝙖𝙨:

– Planta a túa 𝙢𝙪𝙧𝙖𝙡𝙡𝙖 e 𝙗𝙡𝙤𝙦𝙪𝙚𝙖 ao virus co uso da máscara , distancia social  e o resto de medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.
– 𝘼𝙩𝙖𝙘𝙖 e 𝙧𝙚𝙢𝙖𝙩𝙖 ao virus con todas as túas armas. Actualmente os test preventivos, as PCR e as vacinas son nosas mellores armas contra esta pandemia, non renegues delas.Con estas simples medidas, nosas loitadoras loitaron cada semana e, non só conseguiron a permanencia nesta dura Superliga nun ano máis que complicado e cheo de adversidades, senón que o fixeron sen un só caso de coronavirus en toda a tempada.
Sodes enormes mozas, todo un exemplo e motivo de orgullo para este club. 👏👏
Aplícate o método e axúdanos a derrotar ao noso maior adversario, “o bicho”.

𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕𝐄, 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐂𝐈𝐍𝐄𝐌𝐀

Somos equipo de Play off


𝐒𝐎𝐌𝐎𝐒 𝐄𝐐𝐔𝐈𝐏𝐎 𝐃𝐄 𝐏𝐋𝐀𝐘-𝐎𝐅𝐅
Cando a principios desta tempada a bautizamos como “𝘜𝘯𝘩𝘢 𝘵𝘦𝘮𝘱𝘢𝘥𝘢 𝘥𝘦 𝘤𝘪𝘯𝘦𝘮𝘢”, o que non sabiamos era que iamos vivir todas as categorías de cinema posibles. Houbo un pouco de cinema infantil, tamén terror, thriller, un pouco de comedia, catástrofes, moita aventura, pasando polo romanticismo ata chegar á épica deportiva.
Esta atípica tempada tivo de todo. Unha tempada marcada polo Covid, a falta de público no Pavillón, a redución orzamentaria, o aumento do gasto debido ás novas medidas e probas anti- covid, o reto de ter os dous planteis en Superliga…
E a pesar de todo isto conseguiuse manter a un novísimo equipo feminino un ano máis na elite, manter tamén ao equipo masculino e clasificalo para os play- off da Superliga, primeira vez na nosa historia (se a memoria non nos falla); e todo iso sen rexistrar un só caso de Covid en toda a tempada.
Por iso, e independentemente do que suceda de agora en diante, só podemos cualificar esta tempada como un 𝐑𝐎𝐓𝐔𝐍𝐃𝐎 É𝐗𝐈𝐓𝐎 𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐈𝐕𝐎.
E isto é GRAZAS A TOD@S VÓS!!
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕𝐄, 𝐀 𝐍𝐀𝐈 𝐃𝐄 𝐓Ó𝐃𝐀𝐋𝐀𝐒 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀𝐒

Outra vez copando estadísticas.


Por enésima vez esta tempada, Brandon Rattray destaca nas estatísticas como o Mellor Atacante e Máximo anotador da xornada. Lamentablemente, unha vez máis, isto non é suficiente para que Brandon figure entre os integrantes do “7 Ideal”.

Esta semana, ademais, Mario Dovale cóase novamente entre os mellores líberos da Superliga.
𝘗𝘈𝘙𝘈𝘉𝘌𝘕𝘚 𝘉𝘙𝘈𝘕𝘋𝘖𝘕!!
𝘗𝘈𝘙𝘈𝘉𝘌𝘕𝘚 𝘔𝘈𝘙𝘐𝘖!!
𝘗𝘈𝘙𝘈𝘉𝘌𝘕𝘚 𝘌𝘘𝘜𝘐𝘗𝘖!!

 

Colaboración coa fundación Juan Soñador.


O 𝐀𝐫𝐞𝐧𝐚𝐥 𝐄𝐦𝐞𝐯é e a 𝐅𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐉𝐮𝐚𝐧 𝐒𝐨ñ𝐚𝐝𝐨𝐫, asinan un acordo de colaboración cun obxectivo en común, as persoas.
𝐉𝐮𝐚𝐧 𝐒𝐨ñ𝐚𝐝𝐨𝐫 é unha iniciativa social da Familia Salesiana no seu afán de dar respostas sociais e educativas a colectivos que se atopan en situación de risco e exclusión social, especialmente @s moz@s.
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É 𝐄 𝐉𝐔𝐀𝐍 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐃𝐎𝐑, 𝐗𝐔𝐍𝐓@𝐒 𝐍𝐎 𝐗𝐎𝐆𝐎!!