PREVIAS SUPELIGA

SVM

 

O EMEVE DE LUGO ENFRÓNTASE EN MADRID AO SEU MÁXIMO RIVAL PARA LOITAR POLA PERMANENCIA

O equipo lucense é o único representante galego na Superliga de Voleibol MasculinaSLM-WEB

O C.V. Emeve de Lugo desprázase este fin de semana a Madrid para enfrontarse ao Voleibol-Praia Madrid en encontro correspondente á sétima xornada da Superliga de Voleibol Masculina. O partido, que terá lugar o domingo, 23 de novembro, ás 12,15 horas no C. Deportivo Municipal Entrevías, poderá verse en streaming a través da páxina Web da Federación Española de Voleibol: http://directos.rfevb.com/directos

O EMEVE enfróntase este domingo cun rival directo pola permanencia na Superliga, xa que o Voleibol-Praia Madrid nestes momentos é último na clasificación cun punto, obtido ao perder por 2 sets a 3 no seu duelo na casa ante a Téxtil Santanderina. O equipo lucense conta nestes momentos con 4 puntos, co que, se consegue a vitoria, poñería terra de por medio sobre o último clasificado e rival directo.

O equipo lucense espera poder desprazarse con toda o seu equipo, aínda que Marcos Branco ten unha lixeira sobrecarga nas costas e está a adestrar máis suave para poder chegar ao partido. O que non pode viaxar a Madrid é o adestrador Diego Campelo, que será substituído polo segundo, Alberto Rodríguez (Tendi), que se encargará de dirixir ao equipo, nun encontro que se prevé igualado e que é moi importante conseguir un resultado o máis positivo posible.

Segundo o adestrador lucense, Tendi, “a clave estará na estabilidade que nos achegue a nosa recepción para desenvolver o noso xogo, e en que o noso posicionamento en bloqueo e defensa sexa bo para poder ter opcións de reconstrución”.

O posible sexteto inicial do C.V. Emeve será: Marco Zayas, Juan Díaz-Romeral, Marlon Palharini, Pablo Gómez, Pablo Suárez, Boris Rodríguez e Álvaro Bustos como libre. O resto dos xogadores que viaxan a Madrid son: Carlos López, Marcos Branco, Diego Besteiro,Nicolás Rozas e Diego Valín.

O Voleibol-Praia Madrid ten nas súas filas a Pablo Vidal, xogador que estivo no Emeve durante varias tempadas, a Diego Mahía, xogador de San Sadurniño que coñece á perfección aos nosos xogadores e aEdu Sánchez, quen militou as últimas campañas en Vigo, con moita experiencia en Superliga. Son un equipo moi experimentado e xogan nunha cancha moi difícil, non só por ter que disputar o encontro na mañá do domingo, senón polas características do pavillón.

[hr]

SLF

 

O EMEVE BUSCA ASENTARSE NA SUPERLIGA ANTE O SEU COÑECIDO ALCOBENDAS

O equipo do C.V. Emeve de Lugo desprázase o próximo sábado, día 22 de novembro, á comunidade de Madrid para enfrontarse ao SLF-WEBC.V.Feel Volley Alcobendas, en partido correspondente á sétima xornada da Superliga Feminina, que se disputará no pavillón Luís Buñuel ás 17 horas. Este encontro poderá verse en streaming a través da páxinaWeb da Federación: http://directos.rfevb.com/

O desprazamento a Alcobendas preséntase como outra dura proba para o equipo galego, novato nesta Superliga. Aínda que a expectativa, segundo sinala o adestrador lucense, José Valle, é tratar de encadear outro resultado positivo. “Agora que sabemos o que é puntuar e gañar, esperemos que nos sirva para ter a confianza nos momentos clave que nos faltou nos primeiros partidos de liga”.

O CV Emeve segue coa dúbida no seu desprazamento da xogadoraKaitlyn Skinner, que segue arrastrando problemas no seu cóbado,Pepo Garrido que non se despraza habitualmente e Alicia Rodríguezcon problemas físicos nun dos seus xeonllos.

Alcobendas é un vello coñecido do novo equipo lucense, xa que estes anos se enfrontaron en categorías inferiores, tanto cadete coma xuvenil, con duelos sempre intensos e cheos de alternativas. O equipo madrileño, ao igual que o lucense, está composto por novas e prometedoras xogadoras, capitaneado pola veterana Esther Rodríguez, receptora de gran calidade e con grande achega en labores de ataque da escuadra madrileña.

Cabe destacar a presenza de Lúa Bovio del Pup, colocadora do equipo madrileño, que se formou nas categorías inferiores do C.V.Emeve, infantil, cadete, xuvenil e en Superliga II a tempada anterior ao ascenso.
Lúa milita no equipo de Alcobendas dende a tempada pasada e con este club hai conseguido proclamarse campioa de Superliga Júnior e campioa de España Xuvenil na tempada 13/14.

RESULTADOS LIGAS AUTONÓMICAS

RESULTADOS LIGA AUTONÓMICA

XORNADA 15 NOVEMBRO

 

INFANTIL FEMININO           Escudo

C.V. Emeve 3 – Calasancias 2

EMEVE: García, Gómez, Martínez A, Martínez C, López, Gude, Gómez P, Gandoy, Barandela, Díaz, Ares, Neira.

 

INFANTIL MASCULINO

Emeve: 3 – Calasancias: 2

 

CADETE FEMININO

EMEVE: Prol, Leiras, Pego, Vázquez, Lorenzo, Carreira, Gancedo, Saa, Fernández, García, Cuadros, Gómez

Calasancias

 

CADETE MASCULINO

C.V. EMEVE 3 – Calasancias 0

Parciales: 25-17, 25-18, 25-22

EMEVE: De Marcos, Armesto, Pérez, Román, Ojea, Villar, Vilaboa, Villa, (I), Folgueira (I), Fernández (I), Villar (I).

Calasancias: Hermida, Chaves, Fariña, Nayorga, Pajuelo, Santos, Varela, Bugarín (I), Rivera (I)

 

XUVENIL FEMININO

C.V. Emeve 3 – Calasancias 0

Parciales: 25-14, 25-13 y 25-18

Emeve: Folgueira, Mourelos, Barrasa, Araujo, Rodríguez A, Rodríguez M, Fernández, Lorenzo, Saa, Carreira, Gancedo, Prol.

Calasancias: Doria, Santiago, Salgueiro, Calda, de la Fuente, Domínguez, Patiño, Piquer, Reverte (I), Souto (I)

 

XUVENIL MASCULINO

C.V. EMEVE 3 – CALASANCIAS 1

Parciales: 23-25, 25-17, 25-19, 25-21

EMEVE: López, Bustos, Regueiro, Rodríguez, Núñez, Blanco, Gómez, Bugidos M, Bugidos A, De Marcos, Pérez, Román

Calasancias: García, Vázquez N, Otero, Rodriguez, Respino, Prieto, Pérez, Queiro, Páramo, Viñas, Vázquez D, Hermida

 

 

 

 

Fotos presentación Emevé

Presentación 15-11-2014

Club Voleibol Emevé.

Aquí vos deixo as fotos que fixo Xose Manuel o día da presentación. Facendo dobre click na imaxe podedes acceder ao álbum.Moitas gracias a todos e todas por estar co clube ese día tan significativo.  O éxito do Emevé radica na vosa implicación como pais, nais, e, sobretodo, a confianza que tedes en nós deixando aos vosos fillos e fillas nas nosas mans. Para os xogadores e xogadoras … esperamos que éste siga sendo o voso clube durante moitos anos.

Carnet del Emevé.

 

Por primera vez en la historia del club, cada jugador/a puede adquirir su carnet  personalizado como perteneciente al Emevé, con su foto y su nombre y la categoría/s en las que está inscrito en esta histórica temporada 2014-2015.  Con este carnet podrán beneficiarse de descuentos en las tiendas que figuran en el  reverso.Son  muchos los que ya lo tienen y para aquellos que aún no , pueden conseguirlo en el polideportivo de los institutos cualquiera de los días de entrenamiento.

Regalos en la Presentación

En la presentación de mañana Sábado, a las 16.00 en el Pabellón Municipal, habrá regalos por valor de casi 600€ entre los asistentes; ven, acompáñanos y disfruta viendo a todos los y las que conformamos el Club Voleibol Emevé. 1404627_216712461834905_1261543100_o