Peche da tempada do Arenal Emevé IF2

Ao acabar cada tempada e analizala, fixámonos en datos tanxibles como o número de vitorias, os títulos alcanzados …Con todo, o que realmente merece a pena e nos fai seguir loitando cada día él o intanxible, as relacións que se xeran entre tod@s @s que formamos esta gran familia. E ver cómo estas relacións van máis aló do deporte.
Mostra diso foi a cea que as nosas loitadoras do Infantil IF2 e a súa adestradora Susana Cortegoso gozaron na Parrillada Abel.
Un momento de risas e confidencias para despedir a tempada e a categoría, antes do seu paso a cadetes.
Ata a próxima tempada mozas 👋
ARENAL EMEVE, MOITO MAIS QUE VOLEI

Una respuesta a «Peche da tempada do Arenal Emevé IF2»

  1. Pingback: Peche da tempada do Arenal Emevé IF2 – Deporte Galicia