Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

17/10/2014

ACTUALIZACIÓN DE NOVAS

Filed under: Novas — Etiquetas: , , , , — admin @ 00:22

A PRIMEIRA XORNADA DA SUPERLIGA NON FOI POSITIVA PARA OS EQUIPOS FEMININO E MASCULINO DO EMEVÉ

O novo equipo feminino arrepor á veteranía
Os rapaces tiñan todo ao seu favor pero non puideron dominar

Este fin de semana estreáronse os equipos masculino e feminino doEmevé na Superliga (máxima categoría do voleibol nacional) con senllas derrotas a pesar de haber realizados uns encontros nos que se podía esperar, tras os primeiros compases, as vitorias dos lucenses.

O equipo feminino debutou na casa ante un correúdo ExtremaduraRegueiro, que finalmente se levou a vitoria cun 0-3, no que a veteranía das estremeñas se impuxo á falta de rodaxe nesta categoría das lucenses. A pesar deste claro resultado os parciais (22-25, 25-27 e 24-26) demostran a clara igualdade nos tres sets, pero que no momento decisivo se inclinou facía a experiencia fronte áscuasi debutantes do Emevé, que mesmo aliñaron xogadoras de categorías inferiores (xuvenís e cadetes). Esta xornada debutou a nova xogadora do Emevé, a canadense Kaitlyn Skinner, que tan só puido adestrar o día anterior co seu equipo, pois a súa chegada foi a noite do xoves. Con esta xogadora, que terá o seu posto como central, o Emevé pretende achegar bloqueo e estatura ao equipo.

Pola súa banda os rapaces visitaron o Electrocash de Cáceres nunha xornada que comezou con expectativas moi positivas par os lucenses do Emevé. Nos tres primeiros o xogo foi moi disputado (22-25, 25-23 e 25-27), cun 2-1 para os lucenses. Foi no cuarto set onde o equipo lucense comezou a baixar o seu nivel de xogo cun parcial favorable aos estremeños de 25-15 e xa o quinto marcou a vitoria local por un claro 15-7.

Aliñación feminina

EMEVE: Laura Villasante, Alicia Rodríguez, Carmen Carvajal, Sara Folgueira, Lucía Prol, Kaitlyn Skinner, María Pena (libre). Pepo Garrido, Carmen Saa, Nerea Novo, María Rodríguez e Sara Araújo.
EXTREMADURA REGUEIRO: Beatriz Meléndez, Joana Rodríguez, Gala Clemente, Alba Pizarro, Jualiana Tiago, Helen Da Silva, Beatriz Gómez (libero). Branca Esquerdo.

Aliñación masculina

ELECTROCASH CÁCERES: Chao, Cano (libre), Acedo, Median, Do Rei,Muñoz, Ortiz, Rocha. Cale, González, Monteiro, Pereira, Costa, Péreze Gómez.
EMEVÉ: Pablo Gómez, Boris Rodríguez, Marcos Branco, Carlos López,Pablo Bujidos, Marco Zayas, Diego Valín (libre). Guillermo de Marcos,Adrián Román, Andrés Bujidos, Pablo Suárez, Bustos, Armesto,García, Marlon Palharini, Pérez, Rozas, Díaz-Romeral, Jacobo LópezRois.

No hay comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies