Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

20/11/2014

PREVIAS SUPELIGA

Filed under: Novas — Etiquetas: , , — admin @ 21:31

SVM

 

O EMEVE DE LUGO ENFRÓNTASE EN MADRID AO SEU MÁXIMO RIVAL PARA LOITAR POLA PERMANENCIA

O equipo lucense é o único representante galego na Superliga de Voleibol MasculinaSLM-WEB

O C.V. Emeve de Lugo desprázase este fin de semana a Madrid para enfrontarse ao Voleibol-Praia Madrid en encontro correspondente á sétima xornada da Superliga de Voleibol Masculina. O partido, que terá lugar o domingo, 23 de novembro, ás 12,15 horas no C. Deportivo Municipal Entrevías, poderá verse en streaming a través da páxina Web da Federación Española de Voleibol: http://directos.rfevb.com/directos

O EMEVE enfróntase este domingo cun rival directo pola permanencia na Superliga, xa que o Voleibol-Praia Madrid nestes momentos é último na clasificación cun punto, obtido ao perder por 2 sets a 3 no seu duelo na casa ante a Téxtil Santanderina. O equipo lucense conta nestes momentos con 4 puntos, co que, se consegue a vitoria, poñería terra de por medio sobre o último clasificado e rival directo.

O equipo lucense espera poder desprazarse con toda o seu equipo, aínda que Marcos Branco ten unha lixeira sobrecarga nas costas e está a adestrar máis suave para poder chegar ao partido. O que non pode viaxar a Madrid é o adestrador Diego Campelo, que será substituído polo segundo, Alberto Rodríguez (Tendi), que se encargará de dirixir ao equipo, nun encontro que se prevé igualado e que é moi importante conseguir un resultado o máis positivo posible.

Segundo o adestrador lucense, Tendi, «a clave estará na estabilidade que nos achegue a nosa recepción para desenvolver o noso xogo, e en que o noso posicionamento en bloqueo e defensa sexa bo para poder ter opcións de reconstrución».

O posible sexteto inicial do C.V. Emeve será: Marco Zayas, Juan Díaz-Romeral, Marlon Palharini, Pablo Gómez, Pablo Suárez, Boris Rodríguez e Álvaro Bustos como libre. O resto dos xogadores que viaxan a Madrid son: Carlos López, Marcos Branco, Diego Besteiro,Nicolás Rozas e Diego Valín.

O Voleibol-Praia Madrid ten nas súas filas a Pablo Vidal, xogador que estivo no Emeve durante varias tempadas, a Diego Mahía, xogador de San Sadurniño que coñece á perfección aos nosos xogadores e aEdu Sánchez, quen militou as últimas campañas en Vigo, con moita experiencia en Superliga. Son un equipo moi experimentado e xogan nunha cancha moi difícil, non só por ter que disputar o encontro na mañá do domingo, senón polas características do pavillón.

[hr]

SLF

 

O EMEVE BUSCA ASENTARSE NA SUPERLIGA ANTE O SEU COÑECIDO ALCOBENDAS

O equipo do C.V. Emeve de Lugo desprázase o próximo sábado, día 22 de novembro, á comunidade de Madrid para enfrontarse ao SLF-WEBC.V.Feel Volley Alcobendas, en partido correspondente á sétima xornada da Superliga Feminina, que se disputará no pavillón Luís Buñuel ás 17 horas. Este encontro poderá verse en streaming a través da páxinaWeb da Federación: http://directos.rfevb.com/

O desprazamento a Alcobendas preséntase como outra dura proba para o equipo galego, novato nesta Superliga. Aínda que a expectativa, segundo sinala o adestrador lucense, José Valle, é tratar de encadear outro resultado positivo. «Agora que sabemos o que é puntuar e gañar, esperemos que nos sirva para ter a confianza nos momentos clave que nos faltou nos primeiros partidos de liga».

O CV Emeve segue coa dúbida no seu desprazamento da xogadoraKaitlyn Skinner, que segue arrastrando problemas no seu cóbado,Pepo Garrido que non se despraza habitualmente e Alicia Rodríguezcon problemas físicos nun dos seus xeonllos.

Alcobendas é un vello coñecido do novo equipo lucense, xa que estes anos se enfrontaron en categorías inferiores, tanto cadete coma xuvenil, con duelos sempre intensos e cheos de alternativas. O equipo madrileño, ao igual que o lucense, está composto por novas e prometedoras xogadoras, capitaneado pola veterana Esther Rodríguez, receptora de gran calidade e con grande achega en labores de ataque da escuadra madrileña.

Cabe destacar a presenza de Lúa Bovio del Pup, colocadora do equipo madrileño, que se formou nas categorías inferiores do C.V.Emeve, infantil, cadete, xuvenil e en Superliga II a tempada anterior ao ascenso.
Lúa milita no equipo de Alcobendas dende a tempada pasada e con este club hai conseguido proclamarse campioa de Superliga Júnior e campioa de España Xuvenil na tempada 13/14.

No hay comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies