Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

28/01/2015

ENCONTROS PROGRAMADOS 31 XANEIRO E 1 DE FEBREIRO

Horarios para este  próximo fin de semana.

Destácase os numerosos aprazamentos e a dobre xornada do equipo feminino cadete.

CLICKEA NA CATEGORÍA PARA ACCEDER AO TORNEO

 

[table id=4 /]

 

 

27297 Lugo, Lugo, España

22/01/2015

NOVIDADES E PREVIO SUPERLIGA FEMININA

Filed under: Liga Escolar,Liga Zonal (Poli),Novas — admin @ 18:39

Novidades e Previo Superliga

O C.V. Emevé participa con 16 equipos na Liga Escolar Alevín e benxamín
O club lucense aposta polo deporte base
Este sábado comeza o campionato de Liga Escolar nas categorías benxamín e alevín, que terá lugar a partir das doce horas no pavillón dos institutos de Lugo.
O C.V. Emevé presenta nesta Liga Escolar un total de 16 equipos, dos cales, sete tomarán parte nos encontros da categoría benxamín e nove equipos xogarán na categoría Alevín. O Emevé, ata a data, non participara nesta liga con tantos equipos das categorías inferiores.
Para a presidenta do club, Bibí Bouza, «isto demostra o claro interese do Emevé na promoción e apoio do deporte base, así como o gran traballo e excelentes resultados da nosa escola deportiva».

Click AQUÍ, para acceder as páxinas de competicións.

[divider]

SLF-WEBO «novo» Emevé próbase este sábado fronte ao Aguere tinerfeño

O C.V. Emevé feminino de Lugo desprázase este fin de semana ás Illas Canarias para enfrontarse ao cuarto clasificado da táboa, oC.V. Aguere de Tenerife. Este partido correspondente á décimo quinta xornada da Superliga (SFV), terá lugar o sábado ás 18 horas no pavillón Juan Ríos Tejera de la Laguna.
Este encontro, fronte a un conxunto moi superior, será o primeiro test para o equipo lucense despois da súa reestruturación, coas incorporacións das xogadoras Rosalía Alonso e Graciela do Monte, a volta de Lucía Prol e a entrada no equipo de xogadoras da canteira. Ademais tamén hai que engadir, nestes días de cambios, o parón obrigado pola retirada do equipo de Miranda.
O adestrador do Emevé, Jose Valle, sinala que afrontará este encontro co equipo aínda pouco rodado, tras as recentes incorporacións, pero «cunha gran dose de moral». Este, sinala, é un partido complicado pola calidade do equipo rival e tamén polo desprazamento que debemos afrontar. Aínda así, continúa, esperamos ser competitivas e poder sacar algo positivo do encontro, xa que todos os partidos que se presentan agora son unha final para nós. O adestrador lucense recalca que, «os meses definitivos e onde apuraremos nosas opcións serán febreiro e marzo».

Novas incorporacións
O Emevé, incorpora á xogadora Rosalía Alonso-Mañero, central procedente do Mirando de Ebro, de 25 anos, que leva xogando sete tempadas na Superliga.
Graciela do Monte, receptora de 1,83m., tamén vén do equipo deMiranda. Esta brasileira, xa xogou en Monforte dúas tempadas e vén a reforzar o equipo feminino para intentar salvar a categoría.

Xogadoras que se desprazarán do C.V. Emevé:
Sara Folgueira; Alicia Rodríguez; Gracieli do Monte; Rosalía Alonso;Kaithlyn Skinner; Laura Villasante; María Pena; Piñeiro Chao;Carmen Saa e Lucia Prol.

PARTIDOS FIN DE SEMANA 24 E 25 DE XANEIRO LIGA NACIONAL E AUTONÓMICA

Filed under: Novas — admin @ 18:25

Horarios para este  próximo fin de semana.


CLICKEA
NA CATEGORÍA PARA ACCEDER AO TORNEO

 

[table id=2 /]

 

 

Fotos partido Cadete Emevé-Teis

Filed under: Cadetes,Novas — admin @ 17:30
_DSC4016

El equipo cadete femenino

Pinchad en la imagen para acceder al álbum. Espero que os gusten.

21/01/2015

Sábado 24 Enero. 20.00 h Pabellón Municipal.

Filed under: Novas — admin @ 17:25

Ven a vernos!!!!240115(1)

19/01/2015

Fotos Infantil Femenino Emevé-Teis

Filed under: Fotos,Infantís,Ligas Galegas — Etiquetas: , — admin @ 15:54
_DSC3921

Infantil Femenino

 

No son muchas pero espero que os gusten. Clicad en le imagen para acceder al álbum.

 

 

 

 

 

 

 

18/01/2015

Fotos partido Juvenil Femenino Emevé-Teis

Filed under: Fotos,Ligas Galegas,Xuvenil Feminino — Etiquetas: , — admin @ 19:08

Pinchad en la imagen para acceder al álbum de fotos del partido de juveniles contra Teis.Juveniles

16/01/2015

Rosalía Alonso

Filed under: Novas — Etiquetas: — admin @ 17:23

A xogadora vallisoletana, procedente do CV Miranda Atlantic Holding quen xa debutó co Emevé no partido contra Avarca Menorca.  Confiamos en que esté contente en Lugo e que axude ao equipo a conseguir millores resultados

IMG_20150107_191542231(2)

Older Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies