Arenal Emevé a toda páxina en El Progreso.

🥂 POR VÓS 🥂

Os soños son moito máis fáciles de conseguir cando vas da man de alguén que che axuda a superar calquera adversidade que te atopes no camiño, e cando por fin o alcanzas non hai sensación máis agradable que celebralo con quen che axudou a conseguilo.
Grazas ArenalPerfumerías por tendernos a vosa man, imprescindible para chegar aquí.
Agora toca seguir da man festexando e visualizando novos soños.
ARENAL EMEVÉ, UN SOÑO FEITO REALIDADE!!

 

ARENAL EMEVÉ é de Superliga 1 por partida dobre.

Por fin é oficial, o ARENAL EMEVÉ é de SUPERLIGA por partida dobre.
Tras confirmarse o ascenso das nosas #loitadoras á máxima categoría, convertémonos no único club de Voleibol de España con representación en Superliga Masculina e Feminina.
Este estraño feito é un éxito, non só de xogadores e xogadoras, senón tamén de soci@s e afeccionad@s, administracións e patrocinadores; a tod@s GRAZAS.
E grazas moi especialmente a ArenalPerfumerías , sen cuxo apoio isto non sería posible; xa que nos deu o impulso necesario para dar un salto cualitativo, non só a nivel planteis senón a nivel club.
Agora toca gozar do momento, sentir que por fin tocamos as estrelas e que o noso soño, o soño de tod@s xa é realidade.
ARENAL EMEVÉ, SIIIIIIIIIIIÍ 💪💪💪