Antonio Mondéjar: MVP da 18ª xornada da SM2

O colocador de Emevé, Antonio Mondéjar, foi designado como o MVP da 18ª xornada na Superliga Masculina 2. O director de xogo do conxunto lucense dirixiu con maestría as múltiples opcións do cadro que dirixe Diego Taboada, conseguindo un 53% de eficacia ofensiva dos lucenses, para vencer no derbi galego, ante Voley Dumbría, no  choque entre os dous primeiros clasificados do grupo A, para ampliar a ventaxa no liderato e asegurar un posto na fase de ascenso.

Una respuesta a «Antonio Mondéjar: MVP da 18ª xornada da SM2»

  1. Pingback: Antonio Mondéjar: MVP da 18ª xornada da SM2 – Deporte Galicia