BENVIDO, MOISÉS!

⚔️ NOVA INCORPORACIÓN. Moisés Rodrigo chega a Lugo despois de completar dúas tempadas de nivel no Grupo Herce Soria. O central, de 20 anos e 2,05 metros, afronta esta nova etapa na que buscará continuidade en competición e seguir avanzando no seu desarrollo deportivo da man do Emevé.

BENVIDO, VÍCTOR!

⚔️ NOVA INCORPORACIÓN. Víctor Seller chega ao Arenal Emevé para aportar equilibrio e seguridade na línea de atrás. Despois do seu paso polo CV Leganés, o receptor valenciano de 22 anos e 1,82 metros incorpórase ao conxunto lucense para reforzar unha posición na que destaca polo seu rendemento en recepción e defensa.