Carolina Camino será xogadora do Arenal Emevé na Liga Iberdrola.

O pasado 23 de Decembro, máis ou menos a tal hora, presentábase un gran reforzo para o noso grupo de #loitadoras; anunciábase a fichaxe de «A perla da Ribeira Sacra» CAROLINA CAMINO.
Carolina viña coa misión de, unha vez terminada a liga co seu equipo Caep Soria e o seu compromiso coa Permanente da Selección Española, reforzar os nosos equipos femininos Xuvenil e de Superliga2 nos Campionatos de España e Playoffs de ascenso respectivamente.
Lamentablemente esta situación que estamos a vivir impediunos poder gozar dela ata o momento. Por iso, Carolina e o club deciden renovar o seu compromiso para que tod@s podamos gozar desta incrible xogadora no seu hábitat natural, a Liga Iberdrola.
Grandes tardes de gloria nos esperan no Municipal.
Este ano si Carolina, este ano si. ⚔️
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

Los comentarios están cerrados.