Arenal Emevé: Rubén López

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
«Arenal Emevé, Rubén López».
ARGUMENTO: A comunidade do volei séntese confundida pola aparición dun xogador de voleibol ao que ninguén parecía coñecer. Tratando de buscar unha explicación de cómo se pasa, en apenas dous anos, da nada a ser un xogador de alto nivel e xogar na máxima categoría do voleibol español, os investigadores acoden ao club que o descubriu.
Alí atopan a verdade, Rubén é un viaxeiro do tempo, chegado do futuro e especialmente creado e programado para a práctica do volei. Veremos do que é capaz esta tempada xunto aos seus compañeiros #loitadores.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Los comentarios están cerrados.