Arenal Emevé: Inma Lavado

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
«Arenal Emevé: Inma Lavado»
ARGUMENTO: Inma é unha superheroína moderna. Con aptitudes extraordinarias como super-forza, mega-rapidez, e unha valentía e garra desmedidas, leva unha dobre vida en Lugo, a súa cidade de adopción.
O mesmo aproveita as súas calidades para xogar ao voleibol ao máximo nivel, que para combater o crime e atrapar delincuentes en plena rúa.
Este filme narrará o segundo ano de Inma en Lugo e no Club Voleibol Arenal Emevé. Que aventuras nos deparará nesta tempada?
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Los comentarios están cerrados.