Arenal Emevé non puntúa ante Sant Cugat


Onte sobre as 20:00 empezabamos a nosa singradura 🆚 Sant Cugat.
Case desde o principio da travesía, unha vía de auga facía perigar o noso obxectivo e ameazaba con afundirnos irremediablemente. De súpeto, cando todo parecía perdido, decidimos unir forzas para chegar a bo porto. Todo ía de marabilla e viamos o peirao cada vez máis preto. Cando xa estabamos aí, e só faltaba botar o amarre, afundímonos.
Logo, momentos de caos, tratando de sobrevivir e saír á boia; pero canto máis nadabamos máis nos afundiamos.
Aínda así, seguimos loitando, saímos á boia e, nun esforzo común, nadamos hacia a praia buscando unha segunda oportunidade. Pero todo foi inútil, nun cruel xiro do destino, afogámonos a poucos metros da beira.
Sen dúbida non foi o noso mellor día.
Seguimos loitando
Podes ler a crónica completa en El Progreso de Lugo elprogresodelugo , o teu diario de sempre.

Una respuesta a «Arenal Emevé non puntúa ante Sant Cugat»

  1. Pingback: Arenal Emevé non puntúa ante Sant Cugat – Deporte Galicia