Aina Ginestá, internacional coa Selección Española Sub-19, ficha polo Emevé para a tempada 26/27!
Con só 18 anos, pode desempeñarse tanto como receptora como oposta e chega ao noso equipo tras debutar a tempada pasada en Liga Iberdrola co DSV Sant Cugat e disputar o Mundial Sub-19. Unha aposta de futuro que seguro dará moitas alegrías ao noso Club.
