O volei galego está de noraboa.

O #voleigalego está de noraboa.

-Infantil Masculino: 🥇CAMPIÓNS
-Infantil Feminino: 🥈SUBCAMPIOAS
-Cadete Masculino: 6° Posto
Incrible papel das Seleccións Galegas nos Campionatos de España. Que grandes son!! 👏👏
E quedamos coa pena de non poder disfrutar do Cadete Feminino que, a bon seguro, nos agasallaría con outra fantástica posición.
Noraboa a tod@s, en especial @s nos@s #loitadores e #loitadoras.

 

Pino Chao regresa ao Arenal Emevé.


𝐏𝐈𝐍𝐎 𝐂𝐇𝐀𝐎 𝐑𝐄𝐆𝐑𝐄𝐒𝐀 𝐀 𝐂𝐀𝐒𝐀 Ninguén mellor que alguén da casa para facerse cargo do noso ben máis prezado, a policanteira.

Tras unha dilatada experiencia como xogadora e tamén como adestradora, tanto fora como dentro do noso club, onde chegou a ser tamén Speaker, Pino regresa como 𝐂𝐨𝐨𝐫𝐝𝐢𝐧𝐚𝐝𝐨𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 e 𝐀𝐝𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐨𝐫𝐚 dalgún equipo de base.
Unha fichaxe de luxo e de futuro, que mostra, ben ás claras, a intención do club de dar un novo impulso a unha poderosa canteira e de seguir medrando dende a súa base.
𝐁𝐞𝐧𝐯𝐢𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐨, 𝐏𝐢𝐧𝐨!!!!

 

Arenal Emevé na Selección Española.

𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 𝐒𝐄𝐋𝐄𝐂𝐂𝐈Ó𝐍 𝐄𝐒𝐏𝐀Ñ𝐎𝐋𝐀 𝐃𝐄 𝐕𝐎𝐋𝐄𝐈𝐁𝐎𝐋 🇪🇸
Carolina Camino entra en la convocatoria de la Selección Española de Voleibol, donde se une a sus compañeras durante esta temporada, Inma Lavado , Carla Jiménez y Lucía Prol.
Las concentraciones se desarrollarán hasta el día 15 de agosto. Un día después comenzará el Europeo, que se prolongará hasta el 29 de dicho mes.
A sus 17 añitos, será la segunda vez que Carolina es llamada por la Selección Absoluta.
Además, otra de nuestras perlas, Candela López también fue convocada, en este caso, con la Selección Española Sub-18. Enhorabuena a todas y a disfrutar a tope de esta nueva experiencia con la elástica nacional 🇪🇸.
𝐄𝐋 𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕𝐄 𝐂𝐎𝐍 𝐋𝐀𝐒 𝐋𝐄𝐎𝐍𝐀𝐒 𝐃𝐄𝐋 𝐕𝐎𝐋𝐄𝐘

Recepción da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo

Estivemos coas #loitadoras do Club Voleibol Emevé, presumindo de ter a mellor canteira de voleibol do Estado
As xogadoras do club lucense veñen de proclamarse campioas de España en infantil e subcampioas en xuvenil.
Noraboa a elas e a todas as persoas implicadas no éxito, corpo técnico, directiva e familias, que tamén nos acompañaron esta mañá.