𝐍𝐎𝐕𝐀 𝐄𝐍𝐓𝐑𝐀𝐃𝐀 𝐍𝐎 𝟕 𝐈𝐃𝐄𝐀𝐋
𝐋𝐢𝐝𝐢𝐚 𝐅𝐢𝐠𝐮𝐞𝐢𝐫𝐚 cóase entre as 7 mellores xogadores da xornada, tras ser a mellor líbero dos encontros disputados esta fin de semana.
Nun partido que non lembraremos con moito agrado, Lida (a pesar da súa extrémase mocidade, 16 aniños) puxo a nota doce e algunhas defensas épicas que levantarían ao Municipal, se puidese haber público.
𝘕𝘖𝘙𝘈𝘉𝘖𝘈 𝘓𝘐𝘋𝘐𝘈 ![]()
![]()
!!
Arquivos do autor: admin
Arenal Emevé non puntúa ante Sant Cugat

Onte sobre as 20:00 empezabamos a nosa singradura 🆚 Sant Cugat.
Case desde o principio da travesía, unha vía de auga facía perigar o noso obxectivo e ameazaba con afundirnos irremediablemente. De súpeto, cando todo parecía perdido, decidimos unir forzas para chegar a bo porto. Todo ía de marabilla e viamos o peirao cada vez máis preto. Cando xa estabamos aí, e só faltaba botar o amarre, afundímonos.
Logo, momentos de caos, tratando de sobrevivir e saír á boia; pero canto máis nadabamos máis nos afundiamos.
Aínda así, seguimos loitando, saímos á boia e, nun esforzo común, nadamos hacia a praia buscando unha segunda oportunidade. Pero todo foi inútil, nun cruel xiro do destino, afogámonos a poucos metros da beira.
Sen dúbida non foi o noso mellor día.
Seguimos loitando
Podes ler a crónica completa en El Progreso de Lugo elprogresodelugo , o teu diario de sempre.
Liga Iberdrola: Arenal Emevé – DSV Sant Cugat- MER. 10 FEB
𝙋𝘼𝙍𝙏𝙄𝘿𝙊 𝘼 𝙋𝙊𝙍𝙏𝘼 𝙋𝙀𝘾𝙃𝘼𝘿𝘼
MÉRCORES 10 FEBREIRO
Pavillón Municipal de Deportes
20:00 LIGA IBERDROLA
DSV SANT CUGAT
https://youtu.be/cue3Yr10C1E
Nova oportunidade de puntuar para así nosas #𝘭𝘰𝘪𝘵𝘢𝘥𝘰𝘳𝘢𝘴 .
Mañá buscaremos unha vitoria que nos achegue un pouquiño máis á, tan ansiada, salvación.
Como sempre, o partido poderá verse pola nosa canle de Youtube, coa excelente calidade e bo facer de LECER AUDIOVISUAL.
Necesitamos os vosos ánimos, aínda que sexa a distancia.
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐂𝐈𝐍𝐄𝐌𝐀
Arenal Emevé-Sayre Mayser F. 07 febreiro 13.30
Sayre Mayser Gran Canaria ![]()
ARENAL EMEVÉ
Volvemos á loita
Goza do partido das nosas
loitadoras , domingo ás 13:30, na dirección que facilitará o conxunto local.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Día Mundial contra o cancro.

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO
Hoxe, 4 de Febreiro, é o Día Mundial Contra o Cancro.
Desde o Club Voleibol Arenal Emevé queremos enviar todas as nosas forzas e o noso apoio a aquelas persoas que loitan cada día contra esta lacra; sobre todo a quen o padece, pero tamén ás súas familias e a tant@s e tant@s profesionais que traballan para conseguir a sua cura.
Desde o club d@s #loitadores e #loitadoras só podemos dicirvos:
SEGUIDE LOITANDO!!!
Victoria do Arenal Emevé ante Madrid Chamberí e derrota dos rapaces
Ánimo moz@s!! Seguimos loitando
Podes ler a crónica completa en El Progreso de Lugo , o teu diario de sempre.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

