Un dos grandes momentos do sábado foi a visita de Guido Álvarez, impulsor dunha nova iniciativa para coidar e dar coñecer a nosa marabillosa cidade.
O creador de Guido Guía preséntanos agora coidemoslugo , un proxecto ao que nos unimos e apoiaremos en todo o que poidamos.
Oxalá máis iniciativas como esta e máis xente como Guido.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arquivos do autor: admin
El Progreso. Crónica post-partido
Aínda que non foi o inicio desexado foi un inicio, e iso xa é un triunfo. Os nosos dous equipos arrincaron os seus partidos de Superliga con derrota, pero mostrando unha franca melloría segundo ían pasando os minutos e se sacudian os nervios do debut.
Toca seguir traballando duro en busca da primeira vitoria.
Podes ler as crónicas completas en El Progreso de Lugo, o teu diario de sempre.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Empeza a liga Iberdrola
Pero para volver debemos cumprir unha serie de protocolos Anti- covid, e iso implica que o aforo do próximo partido, no noso regreso á liga Iberdrola, estea limitado a 60 persoas.
Tod@s aquel@s soci@s que desexedes asistir e animar sen tregua, debedes enviar unha solicitude por correo a emevelugo@yahoo.es antes deste xoves ás 12:00 do mediodía.
Posteriormente realizarase un sorteo e publicarase nas nosas RRSS e na páxina web, para que poida ser consultado por todo o mundo.
Lamentamos moitísimo esta situación e pedímosvos comprensión e paciencia. En breve todos volveremos gozar xuntos.
Mentres, animámosvos a seguir os partidos por streaming. Nestes meses de parón, o club non quedou parado e renovamos todos os equipos e a conexión, para poder chegar mellor e a máis xente. Ninguén se perderá o partido, probádeo!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Irene Yáñez, nova tempada no Arenal Emevé
IRENE YÁÑEZ (Central,1994) QUÉDASE!!
Un ano máis Irene será a capitá das nosas #loitadoras .
Experiencia, garra e un excelente talante son as calidades que fan dela a mellor líder que o noso equipo podería ter nesta nova aventura na LIga Iberdrola.
Aínda que se fixo esperar, a renovación máis desexada xa é unha realidade.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
House of Emevé. Tempada de cinema
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“House of Emevé”
ARGUMENTO: Nada se interpoñerá na carreira de Bibi e Toñi por chegar ás máis alto como Directivas Deportivas.
Nesta historia nárrase como estas dúas #loitadoras pelexarán contra vento e marea para que o seu club se converta nun dos mellores da elite do voleibol español.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Uche Ofoha nos controis Anti-Covid en Ibersys
Empezan a chegar os nosos #loitadores de terras afastadas.
Hoxe foi a quenda de Uchenna Ofoha, que tras pasar con éxito os controis Anti- Covid en Ibersys Lugo, xa está ao dispor de Diego Taboada e o seu equipo técnico.
Benvido Uche!! Oxalá a túa sorte aquí sexa proporcional á ilusión que esperta a túa chegada.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA