Hoxe o noso club é noticia polo lanzamento da Campaña de Socios.
Hoxe estamos na fala da xente, asolagando as RRSS, prensa escrita, dixital, radio…
Agora só falta que nos acompañes, elixe a túa modalidade de abono e SÚMATE!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arquivos do autor: admin
Campaña de socio/as
CAMPAÑA DE SOCIOS
Este ano a Campaña de Socios arrinca con dúas importantes novidades, a primeira é que será unha “CAMPAÑA CONTACTLESS” para cumprir cos protocolos e evitar o contaxio do Covid.
E a segunda é a creación do SOCIO NON PRESENCIAL ou “XOGADOR #7”
Para iso, poderás descargarte o formulario aquí: https:// cvemeve. com/socios/ e terás que envialo cuberto ao e-mail emevelugo@yahoo.es
As opcións este ano son:
SOCIO PRESENCIAL
Socio Individual – 40€
Socio Familiar – 60€
Socio Xubilado – 25€
Seminario de Lugo e o Arenal Emevé
O Arenal Emevé e o Seminario Menor seguirán da man outra tempada máis.
O éxito que, para ambas as partes, supuxo a colaboración da pasada campaña anímanos a prorrogar esta andaina conxunta.
Desde o club só podemos dar grazas pola renovación deste convenio, tan importante para o club e para o benestar das nosas pezas máis importantes, a #policanteira.
ARENAL EMEVÉ E SEMINARIO MENOR, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Clínica Dinán Psicotécnico
ARENAL EMEVÉ e PSICOTÉCNICO CLÍNICA DINAN asinan un convenio de colaboración para a presente tempada.
Por iso, e tras cerciorarse que tod#s @s nos@s #loitadores e #loitadoras daban negativo nas probas Covid, os profesionais de Psicotécnico Clínica Dinan aseguráronse de que o noso plantel se atopase nas mellores condicións para o inicio desta tempada de película.
ARENAL EMEVÉ E PSICOTÉCNICO CLÍNICA DINAN, UNHA TEMPADA DE CINEMA
🔴🔵🏐💪
Atopa Psicotécnico Clínica Dinan na Rúa Dinan 5-7 (Lugo) ☎️ 982228662
Julia Paradela
Arenal Emevé. Javi Dovale in Film productions
ARGUMENTO: Javi é un preparador físico lucense de éxito. Aburado pola súa propia necesidade de mellorar cada día, decide levar unha dobre vida. A parte de dirixir o seu negocio de adestrador persoal e o seu propio ximnasio, Javi métese nos baixos fondos do deporte profesional encargándose da preparación física d@s xogador@s de volei do equipo da súa cidade. Na súa cabeza está constantemente “cociñando” novos exercicios e rutinas para que @s xogadore@s que preparan sexan @s máis fortes, máis rápid@s e con máis resistencia de toda a Superliga.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
