Este sábado temos unha nova dobre cita co mellor voley do momento.
Comezaremos a tarde cun partido de SVM que medirá aos nosos #loitadores ó Vecindario Ace Gran Canaria, para continuar co partido de SF-2 entre as nosas #loitadoras e CV Torrelavega.
Ven, trae aos teus familiares e amig@s, goza do espectáculo e apoia ao teu equipo que tanto precisa de tí.
Esperámoste!!!
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!
Arquivos do autor: admin
Selección española Sub-20. Pablo Villar e Anier Mariño
OS MOZOS DE OURO
Desde o pasado día 11 e ata onte 16, os nosos #loitadores Pablo Villar e Anier Mariño, gozaron da concentración da Selección Española Sub-20.
Esta Concentración tiña como obxectivo preparar o Campionato de Europa Sub-20 que se disputará este ano en lle República Checa.
Grazas mozos, porque non podiamos ter mellor representación na Selección, esperamos que gozásedes moito desta experiencia.
ARENAL EMEVÉ NA SELECCIÓN!!
🔴🔵🏐💪
SVM: Arenal Emevé-CV Teruel o mércores día 19!
NOVO PARTIDO DE SVM
📆 Mércores 19 de Febreiro
🏟 Pavillón Municipal dos Deportes
🕗 20:00 ARENAL EMEVÉ 🆚️ CV Teruel
Tras unha complicada viaxe de regreso desde Melilla e sen case tempo para tomar alento, regresa a Superliga Masculina de Voleibol ao Municipal.
Non o perdas, esperámoste.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!
Convenio por e para o Volei
CONVENIO POR E
PARA O VOLEI
Como a maioría xa sabedes, o pasado venres ratificouse un convenio que na práctica xa se viña realizando. Un convenio de colaboración entre o noso club e o Seminario de Lugo onde todas as partes saen gañando; @s nos@s moz@s dispoñerán dunhas excelentes instalacións para adestrar, os mozos do Seminario que xogan ao volei gozarán dos mellores adestradores posibles para seguir mellorando o seu gran nivel, e onde o gran gañador sen dúbida será o voleibol lucense.
Por unha unión frutífera e que dure moitos anos, GRAZAS.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!
SVM CV Melilla – Arenal Emevé. Crónica de El Progreso

HOXE XOGAMOS🏐
Sábado 15 de FEBREIRO
Pavillón Javier Imbroda
19:30 CV Melilla ARENAL EMEVÉ
Le a previa no Progreso de Lugo
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!
Novo acordo para o Arenal Emevé.
PRESENT
ACIÓN NOVO ACORDO
Hoxe ás 18:00, se a autoridade o permite e o tempo (e a tecnoloxía) non o impide, terá lugar a presentación dun novo acordo de colaboración. Un acordo no cal os que máis van gañar van a ser as nosas grandes estrelas, a CANTEIRA.
Permanecede atent@s ás nosas RRSS, se as condicións o permiten todo o acto de presentación será retransmitido en directo por Instagram Live. Se non o podedes ver en directo poderedes velo despois, xa que durante 24 horas quedará colgado nas nosas Historias de Instagram.
ARENAL EMEVÉ, MEDRANDO XUNT@S!!