Premios Galicia á xestión deportiva: Arenal Perfumerías.

GRANDES RECORDOS

Nestas datas nas que a memoria se nos enche de recordos, non podemos esquecer o pasado 9 de Outubro.
Nesa data celebráronse os “PREMIOS GALICIA Á XESTIÓN DEPORTIVA”, onde o noso patrocinador Arenal Perfumerías se alzou co premio ao “Mellor Patrocinio Deportivo”.
Sen dúbida un merecidísimo premio que reflicte o bo facer da empresa, tamén neste aspecto.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!

Bo Nadal do Arenal Emevé.

🎅 BO NADAL 🎅
Achégase unha noite chea de maxia e ilusión, pero tamén de agasallos.
Desde o Arenal Emevé non podemos pedir nada máis, porque cada un@ d@s que formades parte desta gran familia sodes o mellor dos agasallos posibles.
O que sí desexamos é que gocedes desta noite e do día de mañá en compañía dos vosos seres máis queridos e que vos deixedes posuír polo espírito do Nadal.
BO NADAL FAMILIA !!

Carolina Camino e Anier Mariño: agasallos para Arenal Emevé.

Este ano Papá Noel 🎅 deixounos os nosos agasallos cun día de antelación.
Que mellor agasallo que a incorporación de Carolina Camino e Anier Mariño. Ambos chegarán de Ribeira Sacra e do CV Korbis, respectivamente, tras pasar pola Permanente da Selección Española.
Dúas incorporacións de luxo para seguir medrando e completando os nosos planteis.
Aquí podedes ver o vídeo da presentación, que tivo lugar hoxe no local de Perfumerías Arenal do C.C. As Termas.
Como veredes os nervios estaban a flor de pel xa que todas as partes sabían da transcendencia deste momento, agora xa máis relaxad@s só podemos dicirvos:
BENVENID@S Á FAMILIA ARENAL EMEVÉ!!

Sorte dispar para @s loitador@s do Arenal Emevé

Na previa do día do ano onde máis se busca a sorte, esta foi dispar para os nosos equipos. Mentres nosas #loitadoras se impoñían con solvencia a Autos Cancela Zalaeta, os nosos #loitadores pechaban con derrota a súa primeira volta nesta SVM.
Podedes ver as crónicas dos partidos en El Progreso de Lugo.
Que a sorte vos acompañe hoxe a tod@s, e senón, lembrade que mañá é o día da saúde.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!