Hoxe é o “Día Internacional das Persoas con disCAPACIDADE”, aínda que para nós é o Día Internacional das Persoas con SUPERCAPACIDADES.
Grazas ao noso proxecto co ARENAL EMEVÉ LA CAIXA, temos a oportunidade de traballar con est@s auténtic@s superheroes, persoas doutra pasta que nos demostran que se lles falta algunha capacidade, que para o resto do mundo, é normal; el@s súpleno con outras SUPERCAPACIDADES dificilmente alcanzables para o resto de persoas.
Quédanos moito por aprender, se tod@s fósemos como el@s o mundo sería un lugar moito mellor.
Como dicía David Sant: “A xente que desprende luz non crea sombra”
VAI POR VÓS CAMPIÓNS E CAMPIONAS!!
Arquivos do autor: admin
Matt Knigge MVP da xornada da SVM e Víctor Bouza no septeto ideal.
PRIMEIRO MVP DA TEMPADA
As nosas #loitadoras xa tiñan o seu primeiro MVP, agora é o momento do primeiro MVP masculino. Esta honra recae en MATT KNIGGE, na súa terceira inclusión no 7 Ideal da Xornada faino como MVP da xornada. Un recoñecemento máis que merecido e que fai xustiza á gran tempada que Matt está a realizar.
Só podemos, e debemos, pedirvos que sigades así moz@s, o esforzo lévanos ao éxito.
FELICIDADES MATT, ES UN CRACK!!
Tarde de gloria no Municipal de Lugo
OUTRA TARDE DE GLORIA NO MUNICIPAL
Volta á senda da vitoria para os dous equipos nunha tarde na que o Municipal volveu empuxar cando foi necesario.
Ao final, e grazas ao voso apoio, a verbena galega impúxose á festa ibicenca, e a muiñeira venceu ao chotis.
Podedes ver as crónicas de ambos os partidos en El Progreso de Lugo.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!
Presentación Proxecto Voley IN Arenal Emevé La Caixa
Partidos finde 30 Novembro 1 Decembro 2019
PARTIDOS DA XORNADA
Fin de semana de desprazamentos para a nosa #policanteira , que terá que afrontar partidos moi duros lonxe de casa.
O prato forte da xornada será no Municipal,o sábado á tarde, cunha dobre sesión do mellor volei.
Todos e cada un dos equipos necesitan o voso apoio.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!
Tarde de Voley Sábado 30 Novembro
TARDE DE VOLEI NO MUNICIPAL
Sábado 30 de Novembro
Pavillón Municipal de Deportes
17:30 Arenal Emevé SVM 🆚️ Ushuaïa Ibiza
20:00 Arenal Emevé SF-2 🆚️ VP Madrid
Nova tarde intensa de volei do máis alto nivel no Municipal, unha tarde na que imos necesitar de todos os vosos folgos para volver á senda da vitoria ante dous rivais moi complicados.
Non nos falledes, necesitámosvos!!
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!
