Victorias en SVM y SF2 a domicilio.

Pouc@s cabezas fóra da familia do Arenal Emevé podían concibir unha tarde como a de onte. Os partidos non eran para nada fáciles, especialmente o das nosas #loitadoras que se enfrontaban a un dos cocos das parte alta da clasificación, e menos lonxe de casa.
Con todo, o convencemento que tod@s tiñamos en que as vitorias eran posibles, obrou o milagre e conseguiu que 6 importantes puntos veñan de camiño para Lugo.
Podedes ler as crónicas en El Progreso de Lugo.
ARENAL EMEVÉ, XUNT@S É POSIBLE !!

Campus Voley Entrenós

🏐 Regala un Campus❗️🏐
Tras unha semana coas inscricións abertas, é emocionante  contar xa coa vosa participación: Lugo,  Monforte de Lemos e tamén San Cibrao.
Orgullosos de contar coa vosa confianza.

All Star SVM: Tres convocados do Arenal Emevé

ATENTOS Ó ALL STAR
Tod@s @s afeccionad@s ao volei temos unha cita o 28 de Decembro ( e non é unha inocentada) ás 20:00 no ALL STAR da SVM. Un encontro que se disputará en Valladolid e onde se darán cita os mellores xogadores da liga, ata o momento. Un encontro onde tamén haberá representantes do ARENAL EMEVÉ.
VICTOR BOUZA e MATT KNIGGE serán os que se encarguen de deixar o noso pavillón ben alto, nun equipo adestrado por Miguel Rivera (CV Teruel) con DIEGO TABOADA como 2° adestrador. Este partido poderá verse por Teledeporte e por streaming, e será a gran festa do volei nacional masculino.
ARENAL EMEVÉ, A POR TODAS !!!
🔴🔵🏐💪

A mascota do Arenal Emevé

O REGRESO DO RAPOSO
Xa puidemos velo o día da presentación dos nosos equipos. 

Debemos dar grazas a “A Escola de Ana” e ao “Hospital Veterinario Ciudad de Lugo” o poder contar con esta nova mascota e en perfecto estado de saúde.
BENVENID@ Á FAMILIA AMIG@ !!