María Aguiar, moita sorte.

É unha magoa para nós anunciar que MARÍA AGUIAR decide non seguir na disciplina do CV Emevé, para aceptar novos retos laborais. María, grazas pola túa profesionalidade e entrega en toda a túa vida no club; e moita sorte en todo o que fagas, tanto a nivel profesional como persoal.
Nin que dicir ten que esta sempre será a túa casa, porque hai lazos que non rompen xamais e o noso é dos máis fortes.
MOITA SORTE, MARÍA!!! 🍀🍀

Suerte, Eliana González.

ATA PRONTO😢

Hoxe toca despedir a unha das nosas #loitadoras , Eliana González parte cara a terras afastadas. Desde o clube queremos desexarlle todo o mellor, tanto no profesional como no persoal.
Esperamos que leves tan bos recordos como nos deixas nestes anos; para nos será difícil esquecerte, pero aínda o será máis para @s teus nen@s que tanto te queren.
ELI, SEMPRE #UNHADASNOSAS !!!

Volta ao traballo

ATENCIÓN  REGRESAMOS

Tras o parón estival volve a actividade deportiva ao noso clube.
Tal e como recolle hoxe El Progreso de Lugo , as nosas mozas xa se están exercitando pese a que faltan algunhas por chegar. E os mozos empezarán o próximo 2 de setembro coa súa preparación.
Este ano temos grandes obxectivos polo que a pretempada antóllasenos máis importante que nunca.
IMOS RAPAC@S !!! ESTA TEMPADA É NOSA !!

Aitana Fernández segue no clube.

AITANA FERNÁNDEZ (1999) segue fiel ás cores da súa vida, as nosas.
A polifacética xogadora, capaz de xogar en calquera posición, e ademais facelo ben, é o comodín que calquera equipo desexaría ter. Pero: AITANA QUÉDASE ✌️!!!!!

La gallega Inés Rivas ficha por el Emevé.

INĖS RIVAS (1998) chega para defender as nosas cores durante a próxima tempada.
Con experiencia en SF-2, sempre có Club Voleibol Zalaeta onde a última campaña quedou Campioa de Liga e xogou a fase de ascenso, ademais de disputar a Copa Princesa.
Asidua nas convocatorias da Selección Galega tanto en pista como en praia, un reforzo todoterreo que nos enche de ilusión.
DESEXANDO VERTE XA ENTRE NÓS, INĖS !!!

Candala López 2005 de novo, convocada coa Selección Española U15.

CANDELA LÓPEZ novamente convocada coa Selección Española, esta vez coa U15.
Desde o día 21 e ata o próximo 28 Candela goza destes días coas súas compañeiras de Selección en Guadalaxara.
Unha nova oportunidade para seguir aprendendo, progresando e , sobre todo, gozando.
Dende o Clube só podemos mostrar o noso orgullo e agradecer a Candela o seu esforzo e dedicación; igualmente queremos dar grazas aos seus adestradores, grandes artífices do seu éxito.
IMOS CANDE, SEGUE ASÍ !!!