
FELIZ “DOMINGO DÁS MOZAS” EMEVER@S !
Feliz porque onte demos un gran paso. Tal e como recolle hoxe El Progreso de Lugo, empezamos con moita forza esta SF-2. Un gran partido, con moita intensidade que nos levou a gañar 3-0 ás campioas da pasada tempada. Aínda que o resultado resulta un tanto enganoso, xa que Autos Cancela Zalaeta dominou no marcador en varias fases do partido, as nosas #loitadoras mantivéronse moi constantes ao longo do choque, moi concentradas e hipermotivadas polo público que se achegou a animalas e a gozar da contenda.
Por iso, hoxe é fácil recoñecer aos seguidores do Arenal Emeve pola rúa ou polo recinto feiral, nótasenos na cara. Hoxe lucimos un sorriso de orgullo lembrando os grandes momentos vividos onte.
HOXE É O DÍA LOCAL DO SORRISO PARA @S EMEVER@S
ARENAL EMEVE, GOZANDO XUNT@S !!!
Arquivos do autor: admin
As nosas festas do San Froilán 2019.
As nosas Grandes Festas, SAN FROILÁN 2019. A disfrutalas !!
#sanfroilaneando Concello de Lugo
Únete ao proxecto Arenal Emevé.
Jordi Herrero, renovado!
Arenal Emevé, campión da XXXVII Copa Galicia.
Campaña de Socio/as 2019-2020.
FAITE SOCIO DE FORMA MÁIS FÁCIL Aten
dendo ás vosas demandas articulamos un novo método para facervos socios, especialmente pensado para aquel@s que viven fóra de Lugo, aínda que tamén será unha gran ferramenta para facilitar o proceso a quenes vivides na cidade.
Desde xa, podedes descargar o impreso na nosa páxina web cvemeve.com/socios/ .
Só teneis que entrar, ir ao apartado de socios e picar no tipo de abono que quereis facer: Socio individual, Socio Familiar ou Socio de terceira idade (para @s moz@s de máis de 65 anos).
Unha vez cuberto o impreso envíao ao mail correo@cvemeve.com e nós encargarémonos do resto.
ARENAL EMEVE, LOITA CON NÓS !!!


