A SEGUIR, IRENE!

Irene Osayande afrontará a súa segunda tempada no Arenal Emevé! A central madrileña volta a Lugo tras completar unha notable campaña na Liga Iberdrola e consolidarse como unha peza moi importante no club.

A SEGUIR, MILENA!

Milena Margaría seguirá unha tempada máis no Arenal Emevé tras un notable primeiro curso en Lugo. A receptora arxentina foi gañando peso no noso club ata ser clave nas últimas xornadas da pasada Liga Iberdrola.

BENVIDA JANAINA!

Janaina Vieira chega a Lugo tras 5 tempadas e 6 títulos na élite portuguesa! A central brasileira de 1,83 metros de altura aportará experiencia, potencia e versatilidade a unha posición clave para o Emevé.