Novo acordo para o Arenal Emevé.

PRESENTACIÓN NOVO ACORDO
Hoxe ás 18:00, se a autoridade o permite e o tempo (e a tecnoloxía) non o impide, terá lugar a presentación dun novo acordo de colaboración. Un acordo no cal os que máis van gañar van a ser as nosas grandes estrelas, a CANTEIRA.
Permanecede atent@s ás nosas RRSS, se as condicións o permiten todo o acto de presentación será retransmitido en directo por Instagram Live. Se non o podedes ver en directo poderedes velo despois, xa que durante 24 horas quedará colgado nas nosas Historias de Instagram.
ARENAL EMEVÉ, MEDRANDO XUNT@S!!

Rumbo a Narón coa policanteira do Arenal Emevé

RUMBO A NARÓN
A nosa #policanteira desprázase de novo, nesta ocasión a Narón.
Alí disputarán unha nova proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Alevín.
Unha nova oportunidade para que @s nos@s pequen@s loitadoras e loitadores midan as súas forzas con equipos de toda Galicia.
ARENAL EMEVÉ, A POR EL@S !!

Resultados 1º Proba Alevín e benxamín.

Maiss de trescentos sesenta nen@sde todos os clubes galegos de voleibol déronse cita o sábado día 18 de xaneiro, nas pistas do pavillón de os Remedios e no O Pompeo baixo o amparo do programa Xogade d Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia

RESULTADOS FINAIS:

Categoría alevín femenino
1. Calasancias A Coruña
2. Arenal Emeve Lugo 1
3. Arenal Emeve Lugo 2
4. Korbis Monforte

Categoría alevín masculino
1. Aldebarán San Sadurniño de Ferrol
2. Korbis Monforte A
3. A Gándara Monforte
4. Korbis Monforte B

Categoría Benjamin
1. Arenal Emeve masculino 1
2. Arenal Emeve femenino 1
3. Calasancias A Coruña
4. XAV cambados