Vacacións para a escola deportiva do Arenal Emevé. A nosa policanteira.


𝐕𝐀𝐂𝐀𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐀𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐀𝐒 𝐄𝐒𝐓𝐑𝐄𝐋𝐀𝐒
O pasado venres tivo lugar o último adestramento que a nosa ” policanteira” levou a cabo neste segundo trimestre.

Agora, as nosas futuras estrelas, gozan dun merecido descanso e apuran estes días de vacacións en compañía das súas familias.
Esperámosvos a tod@s á volta con máis forza e enerxía que nunca.
E lembrade (aínda que non fai falta porque sodes @s que mellor cumprides as normas) moito sentidiño .

 

Arenal Emevé non puntúa ante Sant Cugat


Onte sobre as 20:00 empezabamos a nosa singradura 🆚 Sant Cugat.
Case desde o principio da travesía, unha vía de auga facía perigar o noso obxectivo e ameazaba con afundirnos irremediablemente. De súpeto, cando todo parecía perdido, decidimos unir forzas para chegar a bo porto. Todo ía de marabilla e viamos o peirao cada vez máis preto. Cando xa estabamos aí, e só faltaba botar o amarre, afundímonos.
Logo, momentos de caos, tratando de sobrevivir e saír á boia; pero canto máis nadabamos máis nos afundiamos.
Aínda así, seguimos loitando, saímos á boia e, nun esforzo común, nadamos hacia a praia buscando unha segunda oportunidade. Pero todo foi inútil, nun cruel xiro do destino, afogámonos a poucos metros da beira.
Sen dúbida non foi o noso mellor día.
Seguimos loitando
Podes ler a crónica completa en El Progreso de Lugo elprogresodelugo , o teu diario de sempre.

EMEVÉ NEWSCRÓNICA POST-PARTIDO Que partidazo vivimos onte!! Puro espectáculo do que fai afección.
Unha pena que se escapase a vitoria, pero o esforzo das nosas #loitadoras deu como froito un puntiño que pode ser de ouro.
Enormes mozas!!! Se seguides por este camiño seredes imparables.
Podes ler a crónica completa no Progreso de Lugo, o teu diario de sempre.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé SVF, copando estatísticas.


COPANDO ESTATÍSTICAS
Unha xornada máis, en case todas as estatísticas do xogo, predominan as cores do ARENAL EMEVÉ.>Lucía Prol, Inma Lavado e Sara Urrea repártense os distintos apartados, tras un completo partido tanto individual como colectivo. Ademais as tres entran a formar parte do equipo ideal de unha xornada para o recordo.
Qué orgullo ver como o duro traballo diario dá os seus froitos, seguide así campioas.
loitadoras Rules!!!>ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA