Milena Margaría seguirá unha tempada máis no Arenal Emevé tras un notable primeiro curso en Lugo. A receptora arxentina foi gañando peso no noso club ata ser clave nas últimas xornadas da pasada Liga Iberdrola.

Defendendo o noso voleibol
Milena Margaría seguirá unha tempada máis no Arenal Emevé tras un notable primeiro curso en Lugo. A receptora arxentina foi gañando peso no noso club ata ser clave nas últimas xornadas da pasada Liga Iberdrola.

Janaina Vieira chega a Lugo tras 5 tempadas e 6 títulos na élite portuguesa! A central brasileira de 1,83 metros de altura aportará experiencia, potencia e versatilidade a unha posición clave para o Emevé.

NOVA INCORPORACIÓN!
Sara Dias, campioa da Liga Iberdrola co Hidramar Gran Canaria, chega a Lugo para liderar o ataque do Arenal Emevé. Elexida Mellor Oposta da Competición na tempada 22/23, aportará experiencia, potencia e unha contrastada traxectoria internacional. BENVIDA, SARA ![]()
![]()

NOVA INCORPORACIÓN!
Sofía Tummino, recente campioa de Liga Iberdrola co Heidelberg, únese ás loitadoras para a tempada 26/27. A receptora italoarxentina aterriza en Lugo despois de 10 tempadas de experiencia na élite do vólei español, cunha destacada traxectoria defensiva e elevados porcentaxes de recepción.

NOVA INCORPORACIÓN!
A colocadora Catalina Rochaix, internacional coa Selección Arxentina, únese ás loitadoras para a tempada 26/27. Despois de varias tempadas exitosas en Estados Unidos, onde foi dúas veces seleccionada mellor colocadora da Ohio Valley Conference, chega a Lugo para liderar o xogo do Emevé.

NOVA INCORPORACIÓN!
Irene Ruiz chega a Lugo tras máis de 6 tempadas de experiencia nas principais categorías nacionales, a última no CVB Barça. Con 1,84 metros de altura, a nova loitadora aportará variedade no xogo ofensivo, solidez e capacidade de bloqueo.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.