BENVIDA, AINA!

Aina Ginestá, internacional coa Selección Española Sub-19, ficha polo Emevé para a tempada 26/27!

Con só 18 anos, pode desempeñarse tanto como receptora como oposta e chega ao noso equipo tras debutar a tempada pasada en Liga Iberdrola co DSV Sant Cugat e disputar o Mundial Sub-19. Unha aposta de futuro que seguro dará moitas alegrías ao noso Club.

A SEGUIR, AMELIA!

Amelia Portero renova co Emevé e estará no equipo de Liga Iberdrola para a tempada 26/27!

Campioa de Liga, Copa e Supercopa, Amelia aportará un ano máis a súa experiencia, liderado e estabilidade ao novo proxecto.Moi afortunados de seguir contando coa nosa capitana.