𝙊 𝙧𝙚𝙜𝙧𝙚𝙨𝙤 𝙙𝙪𝙣𝙝𝙖 #𝙡𝙤𝙞𝙩𝙖𝙙𝙤𝙧𝙖 𝙦𝙪𝙚 𝙣𝙪𝙣𝙘𝙖 𝙙𝙚𝙞𝙭𝙤𝙪 𝙙𝙚 𝙨𝙚𝙡𝙤.
𝐄𝐥𝐢𝐚𝐧𝐚 𝐆𝐨𝐧𝐳á𝐥𝐞𝐳 regresa á que xa foi, e sempre será, a súa casa.
Innumerables veces elixida como a mellor líbero da xornada durante a pasada tempada, é unha das xogadoras 🔝 da Liga Iberdrola na súa posición.
Un referente dentro e fóra das pistas, é unha das noticias que máis desexabamos anunciar en materia de fichaxes.
𝘽𝙚𝙣𝙫𝙞𝙙𝙖 𝙖 𝙩ú𝙖 𝙘𝙖𝙨𝙖, 𝙀𝙡𝙞 !!!
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕𝐄, 𝐀 𝐒𝐔𝐏𝐄𝐑𝐋𝐈𝐆𝐀 𝐃𝐀 𝐗𝐔𝐒𝐓𝐈𝐙𝐀
Aquivos por Categoría: Liga Iberdrola
Carolina Camino, renovada e segue no Arenal Emevé.
Jose Valle, outra tempada máis no Arenal Emevé.
Yael Castilione, nova loitadora do Arenal Emevé.
Yael Castiglione nova 𝙡𝙤𝙞𝙩𝙖𝙙𝙤𝙧𝙖 do Arenal Emevé.
A 𝘊𝘰𝘭𝘰𝘤𝘢𝘥𝘰𝘳𝘢 𝘈𝘳𝘨𝘦𝘯𝘵𝘪𝘯𝘢 convértese así na primeira fichaxe do equipo feminino para afrontar unha nova tempada na Liga Iberdrola.
Internacional con Arxentina, coa que competiu en Olimpíadas, Campionatos Suramericanos, Grand Prix, Mundiais… e perfecta coñecedora do voleibol europeo, no que xogou e gañou cos mellores equipos do continente.
Tras dúas tempadas na Superliga de Brasil, onde reapareceu despois de converterse en mamá, recala agora no noso club, da mán de ME Sports Agency [Marcus Ferraz Eloe] para unha nova aventura europea.
Non podemos manifestar con palabras o orgullo que sentimos de ter entre as nosas #loitadoras a unha lenda viva do voleibol mundial.
𝘽𝙚𝙣𝙫𝙞𝙙𝙖 𝙖 𝙩ú𝙖 𝙘𝙖𝙨𝙖, 𝙔𝙖𝙚𝙡!!!!
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐀 𝐒𝐔𝐏𝐄𝐑𝐋𝐈𝐆𝐀 𝐃𝐀 𝐗𝐔𝐒𝐓𝐈𝐙𝐀
Lugo é de Superliga
Protocolo Loitadoras

Para combater o Covid aplícate o remedio das nosas 𝙡𝙤𝙞𝙩𝙖𝙙𝙤𝙧𝙖𝙨:
– 𝘼𝙩𝙖𝙘𝙖 e 𝙧𝙚𝙢𝙖𝙩𝙖 ao virus con todas as túas armas. Actualmente os test preventivos, as PCR e as vacinas son nosas mellores armas contra esta pandemia, non renegues delas.Con estas simples medidas, nosas loitadoras loitaron cada semana e, non só conseguiron a permanencia nesta dura Superliga nun ano máis que complicado e cheo de adversidades, senón que o fixeron sen un só caso de coronavirus en toda a tempada.
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕𝐄, 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐂𝐈𝐍𝐄𝐌𝐀



